luns, 15 de decembro de 2025
venres, 20 de xuño de 2025
APADRIÑA/AMADRIÑA UN LECTOR/LECTORA
Para finalizar o curso cun sabor doce e moi lector, celebramos un ano máis a nosa actividade favorita cos nenos de 6º de infantil do colexio de Casás e os seus padriños e madriñas lectoras, o alumnado de 1º de bacharelato. Este ano tivemos que estar no ximnasio xa que a choiva quería acompañarnos. Aínda así tivemos unha tregua na que puidemos disfrutar do noso xardín onde as lecturas e os xogos estiveron moi presentes.
A xuntanza foi moi tenra e enriquecedora, e o alumnado de 1º de bacharelato demostrou unha gran empatía e bo facer cos seus pequenos invitados, que souperon escoitar con curiosidade as lecturas e disfrutaron moito cos seus padriños e madriñas.
sábado, 10 de xuño de 2023
AMADRIÑA UN LECTOR / APADRIÑA UNHA LECTORA 2023
Non hai cousa que nos faga máis ilusión, chegado o mes de xuño, que recibir aos nenos de 6º infantil do CEIP Casás para celebrar o Amadriña un lector.
O alumnado de 1º de BAC estaba impaciente, como cada ano desde 2011.
Este curso, a chuvia impediu que puidésemos realizar a actividade ao aire libre, no noso fermoso xardín dos contos; pero as ganas de celebrar esta xornada non diminuíron e reunímonos no ximnasio, no que houbo lecturas compartidas, xogos, sorteos, doces e moita diversión.
Aquí tedes algunhas fotos, pero podedes ver unha reportaxe fotográfica máis completa no vídeo que tedes ao final desta entrada. Tamén podedes velo en YouTube: Amadriña un lector 2023 (Biblioleiras)
Agradecementos especiais: ó profesorado colaborador, tanto do noso centro como do Casás; á Biblioteca Provincial (Nodal) pola escolla e préstamo dos libros para esta actividade; e a Belén de cafetería por prepararnos as chuches e as augas.
Mil grazas a tod@s!
venres, 17 de xuño de 2022
Apadriña un lector (15-06-2022)
Aquí podedes ver a reportaxe fotográfica completa do
Apadriña un lector 2022
Unha xornada na que tendemos pontes entre a ensinanza primaria e a secundaria:
os nenos do Casás (afillad@s) e os do Leiras (padriños e madriñas) compatiron lecturas, confidencias, xogos, premios e chuches.
Que xornada tan marabillosa!
mércores, 15 de xuño de 2022
APADRIÑA UN LECTOR 2022: lecturas (e diversión) compartidas
Os nenos de 5 anos do CEIP Casás (6º de infantil) viñeron hoxe visitarnos para ser recibidos, amadriñados e apadriñados polo noso alumnado de 1º de BAC.
Si, por fin, despois de dous cursos sen poder celebralo, retomamos a nosa actividade favorita: APADRIÑA UN LECTOR.
As nosas alumnas e alumnos estaban impacientes cando chegaron os pequeniños. Iniciamos as presentacións e axiña comezaron a facerse confidencias.
Despois fomos todos para o noso "xardín dos contos" para iniciar un precioso tempo de lecturas compartidas, de xogos e diversión.
Aínda que nos hidratamos ben, que calor ía!
Que llelo pregunten aos padriños e madriñas que suaban mentres corrían detrás d@s afillad@s.
Tamén houbo un sorteo no que repartimos os marcapáxinas da biblioleiras e algún libro. Parabéns aos afortunados!
![]() | |
| Gañadores do sorteo |
E finalmente... chuches para tod@s!
O noso alumnado e mailos nenos do Casás viviron unha xornada inesquecible e ata lles deu pena ter que despedirse.
Se queres ver a reportaxe fotográfica completa dálle ó play:
Moitas grazas a tod@s por participar
e
ata o curso que vén!
xoves, 26 de maio de 2022
AXIÑA CHEGARÁ O "APADRIÑA UN LECTOR" 2022
O día 15 de xuño celebraremos,
despois de dous cursos sen poder facelo,
o APADRIÑA UN LECTOR
Os nenos de 5 anos (6º de infantil) do CEIP Casás virán para ser apadriñados e amadriñados polo noso alumnado de
1º de BAC. Nunha xornada de convivencia e boas lecturas tenderemos pontes entre os dous centros, como vén sendo tradicional desde 2011
martes, 15 de outubro de 2019
Colegas Erasmus+ na BiblioLeiras
L'exposition "El Camino" na BiblioLeiras a eu une inauguration de luxe avec la visite de nos collègues européens de France, d'Italie et du Portugal.
La mostra "El Camino" na BiblioLeiras ha avuto un'inaugurazione di lusso con la visita dei nostri colleghi europei di Francia, Italia e Portogallo.
A exposição "El Camino" na BiblioLeiras teve uma inauguração de luxo com a visita de nossos colegas europeus da França, Itália e Portugal.
LECTURAS NO CAMIÑO
"O Camiño", viveiro de linguas
luns, 17 de xuño de 2019
APADRIÑA UN LECTOR 2019
mércores, 15 de maio de 2019
Microrrelatos do Club de Lectura Senior (4)
mércores, 6 de febreiro de 2019
MICRORRELATOS DO CLUB DE LECTURA SENIOR (3)
martes, 19 de xuño de 2018
APADRIÑA UN LECTOR 2018
sábado, 10 de xuño de 2017
APADRIÑA UN LECTOR 2017
Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:



























