viernes, 28 de octubre de 2011

"Medo me dá"


Xa podes levar algún dos libros da exposición "Medo me dá" que preparamos para ti na biblioteca. Nela encontrarás contos con historias de pantasmas, lobos, bruxas e outros terroríficos individuos da tradición oral galega, e relatos e novelas de terror de autores de innegable calidade que están empeñados en asustarnos.






domingo, 23 de octubre de 2011

Biblioteca escolar, última xeración



"Biblioteca Escolar, ultima xeración" é o lema do cartaz, ilustrado por Emma García, que este ano editou a Consellería de Educación para celebrar o Día da Biblioteca e o mes das bibliotecas escolares.



A ilustradora galega concibe a biblioteca escolar como un espazo único para a aprendizaxe, a lectura e a convivencia. Efectivamente, nas bibliotecas nos informamos, aprendemos, lemos para buscar respostas nas palabras doutros, sentimos, soñamos, vivimos outras vidas, viaxamos coa nosa imaxinación, crecemos...




A iniciativa de dedicar o día 24 de outubro á Biblioteca surxiu no ano 1997 da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil. Podedes pinchar neste enlace para ver o cartaz, que este ano ilustrou Elena Odriozola, e para ler o texto do escritor Patxi Zubizarreta.

jueves, 13 de octubre de 2011

O misterio das esculturas de papel


Ao longo deste ano, unhas misteriosas esculturas feitas de libros aparecen, coma por arte de maxia, nas bibliotecas de Edimburgo.

Alguén, xeneroso amigo, deixa estas marabillas para que a xente admire o poder das historias. Alguén que ama a lectura, que vive polos libros e probablemente grazas a eles.

Comezou na Biblioteca de Poesía Escocesa, e na escultura puxo o lema da mesma ("by leaves we live"), unha preciosa frase que o di todo.

É xenial que no mundo actual, cheo de xoguetes tecnolóxicos, haxa xente que aínda amose estes valores propios dun romanticismo olvidado.

O que é incríble é que, tras meses de traballo, aínda ninguén lle teña visto deixar unha soa das súas esculturas.

Paga a pena botar unha ollada ás súas esculturas neste enlace.