Amosando publicacións coa etiqueta 8 setembro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 setembro b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 8 de setembro de 2021
Día Internacional da Alfabetización 2021
Tal e como aconteceu o ano pasado, a celebración deste día segue marcada pola crise do COVID-19 que alterou os procesos de alfabetización en todas as franxas de idade e revelou a fenda dixital no acceso ás oportunidades de alfabetización no relativo á conectividade, a infraestrutura e a capacidade de usar a tecnoloxía. Os plans nacionais de intervención para facer fronte á situación educativa provocada pola pandemia foron moi diversos e non sempre recolleron as necesidades de alfabetización de mozas e adultos
A pandemia puxo de manifesto que os individuos, especialmente aqueles pertencentes a contornas máis desfavorecidas, necesitan diferentes solucións de alfabetización, así como estar dotados con competencias de lectura, escritura e dixitais adecuadas. Para iso resulta imprescindible a interacción entre alfabetización e competencias dixitais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



