luns, 23 de maio de 2011

Lu e Go xúntannos na muralla



O escritor Antonio Reigosa e os personaxes do seu libro "Lu e Go pola muralla" xuntaron en Lugo a medio centenar de lectores.

O alumnado dos clubs de lectura, "O xograr lector" do IES X.Afonso Gómez, "A vacaloura" do IES de Monterroso e "Lecturas Leirantes" do IES Leiras Pulpeiro de Lugo (anfitrión), acompañado de varios profesores, tivo a súa disposición ó creador do gato Lu e do rato Go, Antonio Reigosa, para recrear in situ as andanzas destes dous personaxes pola muralla.


Falounos, Reigosa , tamén da historia da cidade, de multitude de anécdotas de personaxes de onte e de hoxe do noso Lugo.

Durante o percorrido sucederon dalgunha maneira cousas estranas: a caída de Sabela(afortunadamente sen consecuencias graves) que semella á de Lu e Go polos furados das paredes, o coche da policía a carreira pola muralla, o monxe budista que nos aparece de frente...

!Inesquecible a volta á muralla!

Na biblioteca do centro tivo lugar a comida dos participantes; entre bocado e bocado non faltou tampoco a charla sobre este e outros libros.





domingo, 22 de maio de 2011

Arredor do 36



Aproveitando a proxección do documental "O segredo da Frouxeira" e a visita de Paulino Gasalla, preparamos na biblioteca a exposición "Arredor do 36".

Deixamos aquí unha imaxe e un glogster coa selección de libros que fixemos.

O segredo da Frouxeira








O xoves 12 de maio proxectouse no salón de actos o documental "O segredo da Frouxeira" . O documental, que forma parte da Memoria Histórica e ten unha enorme carga dramática, é o resultado dunha longa investigación levada a cabo por Paulino Gasalla.


Trala proxección, o propio Paulino Gasalla comentou co alumnado de 1º e 2º de BAC como o fortuito achado na casa da súa sogra duns recortes de periódico levouno a iniciar unha minuciosa investigación co obxectivo de esclarecer a traumática desaparición de Alejandro Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes en Ferrol. "O segredo da Frouxeira" profundiza na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. Alejandro Porto Leis foi asasinado polo franquismo en 1938 xunto con Jesús Miño, Abelino Landeira e Modesto del Río, os tres veciños que o axudaron a ocultarse. Paulino reflexionou co alumnado sobre a importancia de atopar os cadáveres dos desaparecidos durante a represión franquista. Despois de máis de 70 anos, non é o afán de vinganza o que move as familias, senón unha necesidade de saber a verdade, para poder pechar esta vergonzante etapa da Historia de España.

venres, 20 de maio de 2011

Equipo de Dinamización Lingüística en Monforte coa Real Academia Galega

















Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, 46 alumnos e alumnas, 7 profesoras e 1 profesor do noso centro, o martes día 17 de maio, asistimos á sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega que se celebrou en Monforte de Lemos para honrar e lembrar a figura e a obra de Lois Pereiro. Cabe salientar que o noso alumnado gozou coñecendo e, mesmo, falando con algúns dos académicos e académicas presentes no acto.


Despois dun xantar no campo, pola tarde visitamos a tumba do poeta en Santa Cristina de Viso ( O Incio), onde os rapaces e rapazas recitaron poemas do poeta homenaxeado. Ademais, Brais González, alumno do noso instituto e compositor de rap, interpretou un tema da súa autoría composto sobre textos de Lois Pereiro.














martes, 17 de maio de 2011

Salvando libros no Día das Letras Galegas






Un grupo bastante numeroso de bibliotecas escolares de Galicia participou nesta iniciativa de salvar libros escritos en galego e por autores galegos.



O proxecto, ao que tamén se sumou o noso centro, inspirouse no libro Fahrenheit 451 de Ray Bradbury.

Esta é a escolma de libros salvados polo centros de educación Infantil





Estos son os libros que salvaron os centros de Educación Primaria





E esta é a escolma de libros que salvaron os centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e da cultura




Desde aquí queremos felicitar a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, polo magnífico deseño dos cartaces nos que salvamos os nosos libros, e darlle as grazas polo seu desinteresado traballo.

Moitísimas grazas tamén ao IES LUIS SEOANE DE PONTEVEDRA e a ESCOLA UNITARIA DE VIDE polo enorme esforzo de coordinar a todas as bibliotecas escolares de Galicia.

domingo, 8 de maio de 2011

El bosque animado...e a biblioteca tamén

A tarde do 29 de Abril, o grupo de 3º,4ºe BAC internámonos na Fraga galega de Cecebre para saber dos amores de Geraldo e Hermelinda,dos sufrimentos de Pilara...coñecer algunha alma en pena como Fiz de Cotovelo e ó ladrón Fendetestas que aparecen no maravilloso libro " El bosque animado" de Wenceslao Fernández Flores.

Vimos tamen a película que basada neste libro filmou José Luis Cuerda no ano 1987.
http://youtu.be/iC8abDI4QF8

E rematamos a tarde celebrando o cumpreanos da nosa compañeira Paloma:"cumpreanos feliz...e que cumpramos moitos mais no club de lectura" .














luns, 2 de maio de 2011

Xornada de sendeirismo e libros en Sarria

´


O último xoves de marzo,día 31, fomos ata Sarria para celebrar co club " O xograr lector" o ano dos bosques e comentar o libro " A miña planta de laranxa lima "de J. Mauro de Vasconcelos.


A xornada, perfectamente organizada polos compañeiros/as de Sarria, tivo dúas partes:


_ As 13h esperábannos para iniciar unha fermosísima ruta de senderismo pola zona das Aceas, donde tamen compartimos o xantar.


_ Xa de volta, entramos na Biblioteca do IES Xograr Afonso Gómes para facer algunhas actividades en equipos ( dous integrantes de cada instituto ) ,comentarios e tamen ver un video do libro.


Ledos coma cucos,regrasamos a Lugo!


Gracias " O xograr lector" polo ben que nos tratastes!

Nanotecnología



"Nanotecnología"

(Presentación elaborada por alumnado de 1º de Bacharelato e exposta na Semana da Química)


Una Historia de la Alquimia



"La alquimia en Europa en la Edad Media: la búsqueda de la Piedra Filosofal"

(Presentación elaborada por alumnado de 3º de ESO e exposta na Semana da Química)


Conmemoración da Semana Internacional da Química



Na semana do 11 ó 15 de abril, o departamento de Física e Química realizou unhas actividades para conmemorar o Ano Internacional da Química 2011 no noso instituto. Celébrase este ano, xa que se cumpre un século da concesión do Premio Nobel de Química a María Slodowska Curie, científica polaca coñecida polos seus descubrimentos sobre a radiactividade.

Entre as actividades desenvolvidas cabe destacar a realización de experimentos de Química recreativa para alumnos de 1º e 2º da ESO do centro, a cargo dos profesores do departamento Marina García e José Manuel Traseira. As actividades realizáronse no Salón de Actos do centro e fixéronse 4 experiencias sobre reaccións químicas espectaculares que cautivaron ós alumnos.


Asemade, leváronse a cabo por parte do alumnado varias presentacións e exposicións de diferentes partes da Historia da Química: os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC elaboraron uns fantásticos traballos que expuxeron no Salón de Actos, apoiados por unhas presentacións en Powerpoint. Os iremos presentando en entradas posteriores neste blog.

Realizouse tamén a proxección dun vídeo sobre a importancia da Química na sociedade actual.

Deseñouse un cartel conmemorativo do Ano Internacional da Química, por parte do alumno artista de 3º ESO Jordi Capellades:

(Jordi Capellades posa co cartel que realizou para o evento)

Finalmente, unha reflexión: lembrade que todos nós somos fillos da Química.