Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización lingüística. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de febreiro de 2016

Día de ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:


1. Participación na campaña mobilizaRosalía da  AELG.


2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.


3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza,  que realizou a execución artística deste impresionante panel.

 
 4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.



* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace

xoves, 9 de xuño de 2011

LOIS PEREIRO: VIII Recital Poético no Leiras







Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística organiza un recital poético no que participan alumnado de 3º e 4º de ESO, profesorado e persoal non docente. Coas imaxes e músicas, seleccionadas por alumnos e alumnas de Música de 3º e 4º poñemos voz ao poeta homenaxeado nas letras galegas e a outros autores do grupo Poetas De Amor e Desamor entre os que se encontran Manuel Rivas, Lino Braxe, Pilar Pallarés...





LOIS PEREIRO é unha voz poética crúa, forte, dura... núa; unha voz que, como dixo Manuel Rivas, é unha voz escura que aluma claridade. A súa experiencia foi breve, pero intensa. Como intensa e contundente é a súa poesía. As súas lecturas, as súas viaxes, o seu coñecemento de diferentes linguas, convivencia coa morte...todo o que conformou a súa vida está presente nos seus poemas cargados de sentimento e paixón, de amor e de saudade.


Escoitar os poemas foi para todos moi grato.