Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de novembro de 2017

Día da TRADICIÓN ORAL

Organizado polo EDLG, o pasado 6 de novembro o alumnado de 4º ESO participou na celebración do Día da Oralidade recitando cantigas, interpretando contos e lendas, e cantando algunhas pezas tradicionais acompañadas de música. 


Contamos coa inestimable colaboración da profesora de música, María Cabo, que dirixiu o coro, así como a dalgúns profesores voluntarios. Fefa foi a mestra de cerimonia e rematamos cantando todos, participantes e espectadores, unha fermosa cantiga. 
    


Grazas a tod@s. 
















Podes velo completo en É un falar


mércores, 4 de maio de 2016

UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a MANUEL MARÍA

  
                                    O venres, 29 de abril, a cantante Uxía Senlle e o músico Magín Blanco estiveron no noso centro presentándonos as cancións do seu disco Canta o cuco, nas que lles poñen música aos poemas de Manuel María. 

 
 

 Con Magín como animador, a diversión estivo garantida.
 E coa marabillosa voz de Uxía, as palabras de Manuel María aínda soaban máis fermosas.
 






Foi unha xornada inesquecible, na que o alumnado de 1º de ESO disfrutou cantando e bailando con estes dous grandísimos artistas.  





A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa do evento: 
UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a Manuel María         (29-04-2016) on PhotoPeach

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

venres, 26 de febreiro de 2016

Día de ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:


1. Participación na campaña mobilizaRosalía da  AELG.


2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.


3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza,  que realizou a execución artística deste impresionante panel.

 
 4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.



* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace

domingo, 29 de novembro de 2015

Poesía e Música CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro)




O pasado mércores, 
25 de novembro, organizamos unha serie de actividades 
para unir as nosas voces no        DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:




1) Recital de poemas compostos polo  alumnado de 4º ESO. A continuación, podedes ler algún dos poemas recitados polos vosos compañeiros no Salón de actos do Instituto:


2) Paralizadas as clases ás 12:00, todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no pavillón para desenvolver un acto de repulsa contra a violencia machista, que consitiu nun manifesto e lectura de poemas,  acompañados de música en directo interpretada por unha alumnna do centro e, finalmente, un minuto de silencio. 

Estes actos tan emotivos foron recollidos nunha reportaxe fotográfica que podedes ver na páxina Web do IES Leiras Pulpeiro (preme aquí)

sábado, 10 de decembro de 2011

10 de Decembro: Día dos DDHH



63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


venres, 22 de abril de 2011

Sofía, unha vaca toliña pola música


Este contiño de Geoffrey Pennart para nenos de entre 6 e 8 anos ten como protagonista a unha vaca concertista, que conseguirá cumprir o seu soño grazas á súa constancia e a pesar do rexeitamento e discriminación que sofre debido ao seu aspecto físico.

Un conto que, con gran sentido do humor e unhas simpáticas ilustracións, trata o tema da intolerancia.

Afortunadamente non todos somos iguais, nin falta que fai; a diversidade sempre é sumamente enriquecedora.