A xincana desenvolveuse en dúas fases.
Na primeira fase cada un dos equipos tivo que resolver dez probas utilizando non máis de dez minutos para cada unha delas. Tratábase de que empregasen estratexias de procura da información e, para iso, tiñan a súa disposición bibliografía e ordenadores. O capitán de cada equipo levaba unha carpeta coas instruccións, un mapa do centro co número da proba e a súa localización e unha folla de rexistro. En cada posto de control un profesor/a encargouse de vixiar e cualificar as probas. No deseño destas colaboraron os departamentos de Ciencias, Educación Física, Física e Química, Galego, Grego, Historia, Inglés, Música, Plástica, Relixión e Tecnoloxía.
Na fase final, os seis equipos seleccionados por ter obtido unha maior puntuación enfrontáronse realizando outras catro probas. Estas últimas probas non requiriron gran esforzo físico senón habilidade e destreza. Carricoba, o profe de Historia, encargouse de que resultasen francamente divertidas.
Ó día seguinte, na hora de lecer procedemos á entrega dos premios. Todos os participantes recibiron un artístico diploma deseñado por Paula, a profe de Plástica, e os seis equipos finalistas obtiveron un lote de libros, camisetas, unha axenda, marcapáxinas ...
Deixámosvos aquí algunhas das moitas fotografías co resultado desta interesantísima actividade que todos estamos desexando volver a repetir.