Con nome de muller...,
podedes ver como o noso alumnado de Literatura Universal de 1º de BAC, recitou unha
escolma de poemas elixidos por eles entre autoras de toda a historia da
literatura, desde a Antigüidade ata a actualidade: Safo de Lesbos,
Carolina Coronado, Emily Dickinson, Rosalía de Castro, Emilia Pardo
Bazán, Gloria Fuertes, Gioconda Belli e Zahara.
"A poesía é unha das expresións máis elevadas da lingua e a cultura. É a liberdade absoluta do verbo e a creación, elemento constitutivo da identidade e tamén, a miúdo, ingrediente da construción da nosa identidade persoal, como a música, a danza ou as artes plásticas."
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2012.
Ilustración de Pedro Seromenho
Coincidindo co equinocio de primavera, o mércores 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Como a poesía é, por excelencia, a linguaxe do amor e dos sentimentos, a biblioteca do Leiras Pulpeiro renderá homenaxe á palabra poética regalando impresións destes poemas amorosos.