domingo, 28 de noviembre de 2010

Mamás y papás



O pasado día 25 foi o Día internacional da loita contra a violencia de xénero.

No noso instituto lembramos ás mulleres matratadas repartindo lazos de cor violeta, concentrándonos no patio para permanecer durante un minuto en silencio e proxectando durante dous días unha serie de vídeos na Biblioteca. Moitos alumnos pasaron por ela para visionalos e para reflexionar sobre a tremenda lacra que é a violencia de xénero.

Un destes vídeos é "Mamás y Papás", que ten recibidos máis de 30 premios.

Fainos pensar na normalidade con que unha cativa ve ás continuas agresións do seu pai á súa nai. Ista visión deformada da realidade leva á pequena a desenvolver un xogo "inocente", sen malicia, pero tremendo, que en realidade é o que máis intimida ao espectador.



lunes, 22 de noviembre de 2010

Un salvaxe entre lobos


O próximo 26 de novembro estrearase Entre lobos do director Gerardo Olivares. A película está baseada na historia real de Marcos, un neno que, na época da posguerra, foi vendido polo seu pai a un gandeiro para coidar cabras e ovellas na serranía de Córdoba. Tras a morte do pastor, Marcos aprenderá a sobrevivir no monte sen ter contacto con ningún ser humano e converterá a unha manada de lobos na súa única familia. Aos vinte anos é descuberto pola Garda Civil e conducido a un convento para ser reeducado. Actualmente Marcos ten sesenta e catro anos e vive nunha aldea de Ourense.

Probablemente tamén o autor catalán Antonio García Llorca inspirouse neste personaxe para escribir O salvaxe. García Llorca narra a historia de Bernabé vendido polo seu pai a un pastor chamado Polifemo. Bernabé vivirá durante doce anos illado da civilización sen máis compañía que a dos animais. Pero o seu auténtico calvario comezará cando intenten reintegralo a unha sociedade á que nin pertence nin comprende.


Un libro cheo de tenrura a pesar da crueza da historia e que nos evoca pasaxes da Odisea de Homero. O salvaxe, galardoado co Premio Angular 2009, impactarache e non che deixará indiferente.

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero



  A comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro quere denunciar esta terrible lacra social.


Gustaríanos que a mocidade tomase conciencia para non reproducir condutas violentas nin como vitimas nin como verdugos.


O alumnado de 2º de Bac reflexionou sobre a violencia de xénero despois da lectura de "A ESENCIA DA CIDADE" escrito por María Reimóndez do libro "Camiñan descalzas polas rochas". Autoras polos dereitos humanos das mulleres. Amnistía Internacional. Tris Tram edicións.


Ódiame por non ser perfecta,
mátame con máis caricias sen amor
que tan só demostran a túa covardía
impregnada en palabras cínicas.

Aquela tarde de chuvia
que nos resgardamos da treboada
queda xa tan lonxana…
Aquela excursión a Santiago
cando nos bicamos por primeria vez.
Está xa olvidada?

Maria Puta é o meu nome,
Puta por non ser a escrava dun home,
unha puta máis do cabaré
da infamia na que estamos.

Mais a única puta é esta sociedade.
Dous anos no inferno,
dous anos de dor,
dous anos de temor,
moitos máis de soidade
e depresión.

Baixo os muros desta cidade
atópanse as miñas bágoas,
as miñas penas,
os meus rogos…

A memoria é un vestixio,
un retal de seda fina
que só caduca coa morte,
e tras tantas crises e tantos choros;
sigo sen saber o por qué.

David G. Boyero.2º BAC


Pediume perdón,
deume unha labazada
pero pediume perdón.

Cun bico
curoume a ferida da cara,
cun sorriso
a do corazón.

Díxome que me quería.
Chamoume puta, pero
díxome que me quería.

Cunha caricia
limpoume as bágoas.
Cunha aperta
tranquilizoume o corazón.

Os seus bicos frecuentes,
o
s seus sorrisos diarios.
As bágoas
ao primeiro eran poucas.
As apertas
remataron sendo as boas noites.

Agora non me pide perdón,
nin me di que me quere.
O último foi a saída do inferno
Para chegar a unha vida mellor.

Lara María Adán. 2º BAC



A violencia de xénero é un mecanismo socialmente aceptado e tolerado para perpetuar a subordinación sobre o sexo feminino, no cal o uso da forza e o abuso de poder é considerado un patrimonio xenérico do sexo masculino. Isto é algo que un número elevado de mulleres teñen que soportar diariamente e que en moitos casos acaban asumindo como algo normal, acabando fatalmente nos casos máis graves coa morte da muller a mans do home. ..pero en moitos casos non son cnscientes do que lles ocorre a elas, mais tamén o resto da sociedade ten que axudalas a superalo e a que recueren a súa ida

Laura Fariñas Taboada. 2º Bac



A protagonista a través da observación das dúas cidades (Lugo e Vigo) encontra similitudes co propio contido da vida. Tales como que existen cousas feas e inxustas (como os edificios que parecen colmeas) ou a beleza que fai chegar á protagonista á conc lusión de que a loita por sonseguir o fermoso é o propio motor da vida
Non estamos sós, vivimos en sociedade e o que ca un de nós fai, impórtanos a todos.


Carolina Isabel Fernández Lago. 2º BAC.


...Outro culpable é a sociedade porque dende sempe considerou a a muller inferior, feito que á maioría dos moszos de hoxe en día costa entender. Porque polo feito de ser muller, ten que ser unha persoa inferior? Deixo a pregunta no aire porque eu non atopo a resposta. Poderiamos seguir na procura de responsables, pero no serve de moito, o verdadeiro responsable é o agresor..


Sergio Lage


Que leva a un maltratador a decidir que unha persoa pasa de ser iso, unha persoa, a un obxecto que pode dominar? Non entendo o irracional, o salvaxe que pode chegar a ser o estúìdo "xénero humano". Somos máis agresivos que os propios animais, eles non torturan , non abusan e non destrozan a vida doutro por pracer.
Eu persoalmlente, sinto non ser imparcial, pero son unha muller e estou moi farta de ver e sufrir actos que non comprendo e que nunca poderán ser xustificables. Para min tamén son culpables factores como a escravitude, mesmo a sexual, en pleno século XXI....
 
Yanira Núñez. 2º BAC


A violencia de xénro pódese dar de varias maneiras, mediante insultos e golpes ou acoso, por exemplo cando María rompeu con Carlos, aínda que non estivesenxuntos, el seguía vixiándoa...
O que si sei é que María fixo ben en seguir loitando polo seu futuro, porque ela non tiña que seguir aguantando un calvario así. E a partir desta experiencia aprendeu moitas cousas e entendeunas. Unha muller non é un ser inferior ao home, somos iguais.

Esther Marqués 2º BAC


A violencia de xénero está asociada ao machismo, ata hai relativamente pouco o home era xonsiderado superior á muller, e algúns exercian esta superioridade sobre ela a base de golpes...
O gran inconceniente na solució ao maltrato é que moitas vítimas non denuncian o abuso que sofren. Algunhas persoas néganse a falar prisioneiras de dependencia do seu maltratador, isto actúa como unha venda que lles tapa os ollos e que lles impide ver do que realmente son vítimas. O medo é outra causa do silencio.
 
María García. 2º BAC

O relato "A esencia da cidade" falamos dunha rapaza da nosa sociedade que un día cando ía pola rúa cara ó seu instituto viu escrito nunha parede "María, puta". Ela sentiuse moi mal (xa que o seu nome era tan común que tiña vergoña do que dixera a xente). Esta rapaza tiña un mozo que o máis popular do instituto. Ao principio era a mello persoa do mundo pero despois converteuse nunha sombra para ela xa que lle tiña que pedir consentimento para moitas cousas. Ademais disto pasaba pola penuria da violencia porque el lle pegaba e a insultaba.

Nazaret Real. 2º BAC



Escoitade esta canción de ORISHAS como tributo á "muller"

sábado, 20 de noviembre de 2010

CENTENARIO DA MORTE DE TOLSTÓI

O 20 de novembro cúmprense cen anos da morte do novelista ruso León Tolstói, un dos máis eminentes autores de narrativa realista de todos os tempos As súas obras máis famosas Guerra e Paz (1869) e Anna Karenina (1877) están consideradas as novelas máis importantes da historia da literatura universal.

Guerra e Paz, unha das obras mestras do realismo, é unha visión épica da sociedade rusa entre 1805 e 1815, xusto antes da invasión napoleónica.

Ana Karenina constitúe unha das mellores novelas psicolóxicas da literatura moderna. A protagonista non logra resolver os seus conflitos internos ocasionados pola paixón adúltera que sente polo mozo oficinista Vronsky.

O Equipo da Biblioteca anímache a ler Anna Karenina ou a gozar vendo a película baseada na novela Guerra e Paz. Tanto o libro como o DVD poderás atopalos entre os fondos da nosa biblioteca.




O segredo da felicidade non é facer sempre o que se quere senón querer sempre o que se fai. (León Tolstói)

jueves, 18 de noviembre de 2010

Libros e Tarta de Guitiriz


O martes 16 de novembro,xuntámonos para comenta-los primeiros libros deste curso e de paso dar conta dunha sabrosa tarta de Guitiriz.

O grupo de 1º comentou con Marina "El curso en que me enamoré de ti".


Natalia comentou co grupo de 2º: "Manual de instruccións para querer a Irene"



3º e 4º con Folgar e Juncal: " El curioso incidente del perro a medianoche"


miércoles, 17 de noviembre de 2010

A praia dos afogados


Excursión a Panxón

O Xoves 4 de novembro os alumnos e as alumnas de 4º da ESO asistimos a unha actividade cultural en Panxón con motivo da lectura do libro “A praia dos afogados”. A actividade foi organizada pola editorial Galaxia que contratou a unha actriz e a un experto en natureza marítima.
Fomos catro institutos de Galicia pero ó chegar alí dividíronnos en dous grupos. Con nós veu o instituto de Cambre. Unha vez chegado a Panxón fomos ata a praia da Madorra, onde apareceu o corpo de Xusto Castelo, alí esperábanos unha actriz galega de Lugo que interactuou connosco sacando algúns compañeiros a facer dos protagonistas do libro. Con ela tamén fomos ata o Templo Votivo do mar, construído por Palacios en 1920. Alí pediron a colaboración de dous compañeiros para interpretar ó párroco e ao médico da vila. Despois de falarnos del puidemos entrar a velo. O templo era fermoso e era do estilo do arquitecto catalán Gaudi, máximo representante do estilo naturalista. Ao lado do templo conservábase o arco visigótico, da antiga igrexa e moi estraño en Galicia.
Posteriormente fomos a Monte Ferro. Alí esperábanos o experto, Xosé Lois Vilar, en natureza marítima para ensinarnos un monolito e tamén nos falou dos tipos de pesca e da xeografía do mar, ó final chegamos o lugar onde se atopara o barco de Xusto Castelo.
Finalmente volvemos cara o bus que nos volveu a levar a vila de Panxón e déronnos tempo para comer e visitar a vila.

Fernández López, Andrea 4ºB
Capón Lamelas, Nerea 4ºB
Cela Dablanca, Raquel 4ºB
Cruz Afonso, Carla 4ºB
García Miguelez, Alba 4ºB

lunes, 15 de noviembre de 2010

O Departamento de L.Galega recomenda...


A praia dos afogados - Domingo Villar ( Vigo,1971)

Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.


Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións.

Historias Peregrinas




O derradeiro 28 de outubro, o alumnado de 1º de BAC do instituto acudimos ó Salón Teatro de Santiago de Compostela con motivo de ver á compañía-“Teatro do Noroeste “- representar unha das súas obras: “Historias peregrinas”.



Historias Peregrinas
é unha comedia de Miguel Anxo Murado- agora representada polo “Teatro do Noroeste”- que fala das aparencias.


Nesta comedia un grupo de cómicos recorre o camiño de Santiago representando Danzas da morte e ás veces algún, Auto Sacramental. A causa dunha mala edición do Códice Calixtino. estes pérdense no bosque. Alí xorden moitas das cuestións salientables da obra: a aparencia das persoas, a razón de ser, a realidade etc.


Na miña opinión, esta obra merécese que a vexades, xa que está dotada dun gran humor e evita o aburrimento dos espectadores en calquera parte da representación.




David Castrodá Copa
1º BAC C

martes, 9 de noviembre de 2010

Camiñan descalzas polas rochas


Para ir facendo boca.
!Merece a pena que leades o libro!

Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufragio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.

(Ana Romaní)


Eduardo Mendoza


¿ Todavía no leíste nada del flamante Premio Planeta 2010?

Aún estás a tiempo de coger uno de los ejemplares que quedan en la exposición.


Libros y obras de Eduardo Mendoza
• Riña de gatos. Madrid 1936
• Tres vidas de santos
• El asombroso viaje de Pomponio Flato
• Mauricio o las elecciones primarias
• El último trayecto de Horacio Dos
• La aventura del tocador de señoras
• Una comedia ligera
• El año del diluvio
• Sin noticias de Gurb
• La isla inaudita
• La ciudad de los prodigios
• El laberinto de las aceitunas
• El misterio de la cripta embrujada
• La verdad sobre el Caso Savolta

domingo, 7 de noviembre de 2010

Libro mes de Novembro



O próximo 25 de novembro celébrase o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.

Para ir preparando as actividades que celebraremos ese día dende Biblioleiras recomendamos esta lectura.


A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas, un volume co que AI quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, pero á vez, quere destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.

martes, 2 de noviembre de 2010

Celebración Día da Biblioteca


Imaxenes do Día da Biblioteca (25 de Outubro)
Se vos gustou a curtametraxe María y yo e a queredes ver enteira témola a vosa disposición.