Amosando publicacións coa etiqueta Amadriña unha lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amadriña unha lectora. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026



      APADRIÑA/AMADRIÑA  UN LECTOR/A

Estamos rematando o curso e xa apetecía disfrutar dun día de convivencia, xogos e lecturas compartidas entre o noso alumnado de 1º de BAC e os nenos de 6º de infantil do CEIP de Casás. O noso xardín convertíuse un ano máis nun espazo moi especial onde os padriños e madriñas foron moi agarimosos cos seus invitados e acompañáronos no mundo da fantasía duns contos que nos faciliou a Biblioteca Pública de Lugo.

       
           

                                   
 

         
















xoves, 26 de maio de 2022

AXIÑA CHEGARÁ O "APADRIÑA UN LECTOR" 2022

  

O día 15 de xuño celebraremos, 

despois de dous cursos sen poder facelo,

 o APADRIÑA UN LECTOR

Os nenos de 5 anos (6º de infantil) do CEIP Casás virán para ser apadriñados e amadriñados polo noso alumnado de 

de BAC.  Nunha xornada de convivencia e boas lecturas tenderemos pontes entre os dous centros, como vén sendo tradicional desde 2011



venres, 20 de xuño de 2014

AMADRIÑA UNHA LECTORA 2014

Xa vedes que este ano, como homenaxe ás mulleres, cambiámoslle o nome á actividade. Unha vez máis, o pasado 12 de xuño, compartimos unha xornada inesquecible cos alumnos de cinco anos do CEIP de Casás. O noso alumnado de 1º de BAC e de varios cursos de ESO, amadriñaron e apadriñaron aos futuros lectores. Desexamos que as vindeiras xeracións teñan a ilusión ante a lectura que afilladas e afillados amosaron neste día.
Todo comezou cun conto, unha frautista moi famosa, os nenos que a seguen, as madriñas e padriños que os acompañan ata o xardín para compartir fermosas historias... e final feliz con agasallos para todos.

Parabéns, grazas por esta fermosísima xornada e ata o próximo ano.

Amadriña unha lectora 2014 on PhotoPeach