Na Biblioleiras non quixemos deixar pasar a ocasión de lembrar a traxedia do Prestige de hai 20 anos.
Dado que a memoria das persoas é fráxil e limitada, podemos atopar documentos, libros, revistas, fotografías, música... que axudan a lembrar o que non debe ser esquecido para que non se repita NUNCA MÁIS.
Hai algúns anos, os suficientes para que moitos o esqueceran, un barco cheo de petróleo navegaba preto das nosas costas. Un barco como tantos otros dos que todos os días pasan por aquí, cargados con substancias que tanto codiciamos para manter o noso nivel de progreso, pero que ninguén querería ter a carón da súa casa polo risco que supón.
O barco, chamado Prestige, ¿lembrades?, tivo un accidente e despois de que as autoridades incompetentes o paseasen dun lado para outro por diferentes puntos do Alántico, acabou escachando pola metade.
Verteu miles e miles de toneladas do cru que levaba nas súas bodegas de cargae, aínda que non morreu ningunha persoa, comezou a traxedia.
O mar tornouse negro en centos de quilómetros, e aquel veleno foi causando cada vez máis vítimas inocentes: os peixes, as plantas, as aves, as rochas, as illas, as praias, os pescadores…; mesmo houbo quen morreu de tristura porque o mar era a súa alma, o seu amor.