Amosando publicacións coa etiqueta haiku. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta haiku. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de decembro de 2016

PREMIOS do Concurso de HAIKUS "o libro é..."









 
Non foi doado escoller entre os 31 haikus participantes no concurso "O LIBRO É..." que convocamos para conmemorar o Día das Bibliotecas. 

O xurado, formado por tres profesores do equipo da biblioteca e dúas alumnas colaboradoras, por fin procedeu a votar e a facer públicos os resultados. 

Houbo 9 haikus finalistas, entre os que se atopan os premiados:

ACCÉSIT  para Mayerly Trujillo González de 3º ESO
1º PREMIO para Aray Rodríguez Díaz de 1º BAC

1º PREMIO - Aray Rodríguez
ACCÉSIT - Mayerly Trujillo












finalistas












PARABÉNS!!



Aquí podedes ver máis fotos da exposión que se fixo con todos os haikus presentados, así como da entrega de premios:




martes, 25 de outubro de 2016

CONCURSO de HAIKUS sobre "o libro" (Día das Bibliotecas)



Concurso
de


Celebra connosco o Día das Bibliotecas (24 de outubro) participando neste interesante concurso:

·       Tema:  “O libro é ...”
·       Forma:  Un haiku é un poema moi breve de orixe xaponesa,
                 a modo de sentenza impactante e sen rima, que consta de
                 3 versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.

Compón o teu haiku, que pode estar ilustrado cun debuxo ou imaxe, sobre un folio en sentido horizontal, escribe pola parte de atrás o teu nome completo e curso e entrégao na Biblioteca (ou a algún/ha profesor/a que nolo faga chegar) antes do día 15 de novembro. 

 
Ti podes ser o/a gañador/a  !!!


                           Aquí tes un exemplo:

sábado, 20 de decembro de 2014

PREMIOS do concurso de HAIKUS e MICRORRELATOS sobre "VIOLENCIA ESCOLAR"


HAIKUS



69 PARTICIPANTES  

NO 

CONCURSO:


HAIKUS






60 HAIKUS

E

9 MICRORRELATOS

MICRORRELATOS







Moitas grazas 
a todo o alumnado participante 
e ó profesorado colaborador






        Estes son os finalistas:


E finalmente, aquí están os gañadores:

     1º premio de HAIKU                       2º premio de HAIKU                                       3º premio de HAIKU
Andrea Vázquez Mosteiriz (3º eso C)
Julisa Tapia Orihuela (4º PDC)
Diego Ardura Fernández (3º eso C)

          

                                                                       1º premio de MICRORRELATO
Andrea dos Santos Vilela (4ºPDC)

luns, 20 de outubro de 2014

CONCURSO de "HAIKU" ou MICRORRELATO sobre VIOLENCIA ESCOLAR


O acoso, o maltrato entre iguais, a discriminación no ámbito escolar, “bullying” e outras variantes deste problema están cada día entre nós.


Para denuncialo e poñer algo da nosa parte que axude a frear este fenómeno, desde a Biblioteca, convocamos este concurso para todo o alumnado do Leiras Pulpeiro que queira participar.

Bases:

1.   Tema: VIOLENCIA ESCOLAR (ENTRE IGUAIS)
2.    Formato (dúas posibilidades):
A)“Haiku”: poema breve de orixe xaponesa, a modo de sentenza impactante, que consta só de 3 versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.
B)Microrrelato: conto ou historia breve que constará dun máximo de 75 palabras.
C)Prazo: entregar na Biblioteca antes do 1 de decembro.