venres, 19 de xuño de 2026


            GAÑADORES RETO LECTOR

 Remata o curso e tamén o Reto Lector Biblioleiras 2026. Os gañadores recibiron un diploma que acredita que completaron satisfactoriamente os retos lectores de cada mes, un vale de 30 euros para gastar na libraría Trama e outros agasallos que esperamos difruten. Parabéns a Iker, Lucía, Mario, Claudia e Adrián pola súa constancia lectora ao longo deste curso!

 

martes, 9 de xuño de 2026



      APADRIÑA/AMADRIÑA  UN LECTOR/A

Estamos rematando o curso e xa apetecía disfrutar dun día de convivencia, xogos e lecturas compartidas entre o noso alumnado de 1º de BAC e os nenos de 6º de infantil do CEIP de Casás. O noso xardín convertíuse un ano máis nun espazo moi especial onde os padriños e madriñas foron moi agarimosos cos seus invitados e acompañáronos no mundo da fantasía duns contos que nos faciliou a Biblioteca Pública de Lugo.