Amosando publicacións coa etiqueta Donas de si. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Donas de si. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xuño de 2019

DONAS DE SI - curso 2018-2019


Rematamos o Plan Proxecta "DONAS DE SI"


O programa "Donas de si", baixo a coordinación da profesora Eva Teijeiro, tiña como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. 

A actividade foi co que se integra no Plan Proxecta e que se desenvolveu entre outubro e maio baixo o nome "PERSONAXE DA SEMANA", consistiu en descubrir o nome dunha persoa destacada nalgún ámbito da cultura a partir das pistas que se ían facilitando sobre ela ao longo de cada semana.
 
Podíase participar individualmente ou por equipos. En conserxería había modelos para cubrir coa información correspondente e tamén alí estivo depositada a caixa de recollida semanal. O obxectivo era identificar o maior número posible de personaxes.


 
 
A alumna que máis personaxes identificou e, polo tanto, gañadora do concurso foi: Patricia Barreiro de 2º BAC.




He aquí un recopilatorio de todos os personaxes, fundamentalmente femininos, que tiñan que descubrir semana a semana: escritoras, matemáticas, activistas, eruditas, deportistas, investigadoras, artistas, mariñeiras, cantantes, científicas, educadoras, debuxantes, actrices, relixiosas, informáticas, oceanógrafas, coidadoras, cosmonautas, aviadoras, musicólogas, periodistas... E, por suposto, todas e todos son feministas.


Concepción Arenal (escritora...)
María Wonenburger (matemática...)
Rosa Parks (activista)

Frei Benito Feijoo (erudito...)
Kathrine Switzer (deportista...)
Jane Goodall (antropóloga...)



Camille Claudel (escultora)
Isabel de Barreto (navegante)

Billie Holiday (cantante)


Maitena Burundarena (ilustradora...)
Antía Cal (educadora...)
Malala (activista e Premio Nobel)



Emma Watson (actriz...)
Antonio Fraguas, Forges (debuxante...)


Teresa de Calcuta (relixiosa...)

Ada Lovelace (informática...)
Margarita Salas (científica)






Premios "María Wonenburger" de 2007 a 2018: Inmaculada Paz, Teresa Miraz, Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, M.Tarsy Carballas, Mª José Alonso, Carmen García, Isabel Aguirre, Peregrina Quintela, Begoña Vila, Alicia Estévez (científicas)





María Casares (actriz)





Ángela Ruiz Robles (educadora...)

Emilia Pardo Bazán (escritora)
Ángeles Vilariño (oceanógrafa)
Valentina Tereshkova (astronauta)


Amelia Earhart (aviadora)


Chus Lago (alpinista)

Dorothé Schubarth (musicóloga)
Philippa York (ciclista...)

Isabel Zendal (enfermeira...)



Grazas a todos os participantes!!

luns, 29 de outubro de 2018

Semana 2 de DONAS DE SI: Matemáticas


 


Esta semana, no Plan Proxecta "Donas de si", dedicámonos ás matemáticas, ás mulleres matemáticas:

1ª pista: Morreu hai só catro anos.

2ª pista: Na Universidade non tomaba anotacións, pero os seus compañeiros pedíanlle que corrixixe as súas. 

3ª pista: Matemática galega ilustre. 






Solución da Semana 2: María Wonenburger

domingo, 21 de outubro de 2018

Personaxe da semana 1: SEMANA DAS ESCRITORAS


Esta actividade intégrase no Plan Proxecta "DONAS DE SI" e consiste en descubrir o nome dunha persoa destacada nalgún ámbito do saber a partir das pistas que se irán facilitando sobre ela ao longo da semana. 

Pódese participar individualmente ou por equipos (máximo tres persoas). Neste último caso hai que facer constar quen forma parte del.
En conserxería haberá uns modelos para cubrir coa información correspondente e tamén alí estará a  caixa de recollida semanal.
O obxectivo é identificar o maior número posible de personaxes.

O primeiro personaxe está dentro da 
SEMANA DAS ESCRITORAS




 


Visita na nosa biblioteca a exposición de 
obras literarias escritas por mulleres.








Podes consultar e levar para ler na casa
 os libros que queiras para atopar o personaxe desta semana:

consulta as pistas diarias no panel central do corredor e proba sorte.
Ao final da semana, daremos a solución.

Solución da Semana 1:  
Concepción Arenal