Amosando publicacións coa etiqueta Colaboracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboracións. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2019

APADRIÑA UN LECTOR 2019

    
        E aquí están, un ano máis, os nenos e nenas do último curso de infantil do CEIP Casás para celebrar connosco esta festa da lectura e da irmandade entre centros. 
         O noso alumnado de 1º de Bac e do Club de lectura exerceu de extraordinarios padriños e madriñas para estes pequenos afillados-lectores de 5 anos

 

Moitas grazas a todo o alumnado, profesorado e outras persoas implicadas neste proxecto que mellora ano tras ano.








 Ata o curso que vén !
 A continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica de toda a actividade: desde a chegada dos nenos, os apadriñamentos, as lecturas compartidas, as confidencias, os xogos, o sorteo, o reparto de chuches... ata as despedidas.  Preme o play:
 PhotoPeach





xoves, 6 de xuño de 2019

Visita do alumnado de 6º de EP do Menéndez Pelayo


Resultado de imagen de how to draw comics
         O día 28 de maio, como colaboración por 3º ano consecutivo entre a biblioteca do CEIP Menéndez Pelayo e a nosa, organizamos unha visita do alumnado de 6º de primaria dese centro ao Leiras Pulpeiro, futuro instituto de moitos deles.

       En primeiro lugar, visitaron a biblioteca; despois fixeron un percorrido polo noso centro para coñecer diferentes dependencias.
 
        Finalmente, os rapaces e rapazas foron ao Salón de actos para realizar un divertido e didáctico obradoiro de cómics, impartido polo profesor Suso Coucheiro.
 
 













  

 
 

 Moitas grazas e ata o ano que vén!!

Resultado de imagen de how to draw comics

martes, 19 de xuño de 2018

APADRIÑA UN LECTOR 2018

 
Que alegría volver recibir aos nenos e nenas de últimos curso de Infantil (5 anos) do CEIP Casás!
Os padriños e madriñas, alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura, estaban ansiosos por que chegara este día e encontrarse cos seus afillados e afilladas.



Este ano, o tempo atmosférico impediu que puideramos celebralo no noso Xardín dos Contos porque estaba a herba mollada, pero como non choveu, pasámolo estupendamente no Patio dos Contos.

Outro día de encontros, de estreitar lazos, de lecturas compartidas, de xogos e confidencias, de emocións e carreiras, de sorteos e sorpresas e, finalmente, despedida con chuches para os nosos convidados.
 

En nome de todo o equipo da Biblioleiras, quero darvos as GRAZAS: moitas grazas á dirección e profesorado do Casás, moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa incondicional e impagable colaboración, moitas grazas a Alfonso da cafetería, moitas grazas aos profes que actuaron de fotógrafos (Susana e Suso)... E, por suposto, moitas grazas ao noso alumnado que con entusiasmo  fai posible cada curso a celebración deste marabilloso evento.

                                                                                       Ana Dopazo




Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play da seguinte fotomontaxe: 
                                               




luns, 28 de maio de 2018

O Menéndez Pelayo visita o Leiras (22-05-2018)

 

O día 22 de maio, como colaboración por 2º ano entre a bilioteca do CEIP Menéndez Pelayo e a nosa, organizamos unha visita do alumnado de 6º de primaria dese centro ao Leiras Pulpeiro, futuro instituto de moitos deles.



 En primeiro lugar, visitaron a biblioteca; despois fixeron un percorrido polo noso centro para coñecer diferentes dependencias: aulas, laboratorio de ciencias, talleres de tecnoloxía, aula de música... 
Finalmente, os rapaces e rapazas foron ao Salón de actos para realizar un divertido e didáctico obradoiro de cómics, impartido polo profesor Suso Coucheiro, que este ano contou cunha colaboradora especial: Einés Herráez, alumna de 4ºeso, gran coñecedora e afeccionada ao mundo  MANGA e ANIME, sobre o que lles falou aos nosos visitantes. 

 

 
Moitas grazas e ata o ano que vén!!

 Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play:
O  Menéndez Pelayo visita o Leiras Pulpeiro (22 de maio de 2018) on PhotoPeach

sábado, 24 de marzo de 2018

Visita ao CEIP Menéndez Pelayo (19-03-2018)

Un grupo de alumnos de 1º de ESO visitou á Exposición de material escolar antigo (2ª metade do século XX) no CEIP Menéndez Pelayo.
Invitados pola Biblioteca do colexio, actuou como anfitrión o director do mesmo, explicándonos a procedencia, uso e características de cada obxecto exposto. 


Pasámolo estupendamente, ao tempo que descubrimos e/ou lembramos aparellos, libros, utensilios... que forman parte do pasado, non tan lonxano, da nosa historia escolar. 

A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa da visita:
Visita ao CEIP Menéndez Pelayo                          Exposición material escolar antigo   19-03-2018 on PhotoPeach


sábado, 10 de xuño de 2017

APADRIÑA UN LECTOR 2017

Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura
 


 Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros


Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
                  

Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión

Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería,  dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados. 
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!

sábado, 6 de maio de 2017

Taller de cómics do CEIP MENÉNDEZ PELAYO no IES Leiras Pulpeiro

O pasado venres, 28 de abril, como colaboración entre a bilioteca do CEIP Menéndez Pelayo e a nosa, organizamos unha visita do alumnado de 6º de primaria dese centro ao Leiras.

Os rapaces e rapazas viñeron para realizar un obradoiro de cómics, impartido polo profesor Suso Coucheiro.

1º visitaron a biblioteca, despois desenvolveuse o obradoiro, que rematou cun sorteo entre todos os participantes, e, finalmente, fixeron un pequeno "tour" polas nosas instalacións: laboratorio, aulas...





Agardamos que esta iniciativa se repita nos anos vindeiros porque... que ben o pasamos!!



A continuación pódese ver a reportaxe fotográfica cos mellores momentos da xornada: 

 

martes, 21 de xuño de 2016

"APADRIÑA UN LECTOR" 2016

 
 Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 



O alumnado de 1º de BAC, xunto co do Club de lectura,  pasou unha mañá inesquecible en compaña dos seus afillados e afilladas: xuntos escoitaron "As tres porquiñas", os maiores léronlles contos aos pequenos no noso xardín máxico, fixéronse amigos, xogaron... e despedíronse ata o vindeiro ano.

Chegada ao xardín dos contos
Lecturas e confidencias
Xogos e diversión

















 

Moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa colaboración e a todos os participantes!


 
Queredes ver todas as fotos? 
 Pois premede no "play":

xoves, 18 de xuño de 2015

APADRIÑA UN LECTOR 2015

    
    Un ano máis, chegado xuño, o noso alumnado de 1º BAC e do Club de lectura apadriñaron aos futuros lectores do CEIP de Casás. 
     Os nenos e nenas de cinco anos deste cole viñeron encantados para pasar un día inesquecible: escoitaron atentos o conto Os tres porquiños, coñeceron ós seus padriños e madriñas e foron con eles ata o noso xardín máxico, onde compartiron preciosas historias e xogaron todos xuntos.
   Finalmente, houbo "chuches" para adozar a despedida.


  


Grazas a todos e a todas por participar nesta fermosa actividade, e deica o ano que vén.




 A continuación, podedes ver a reportaxe fotográfica completa: