miércoles, 22 de septiembre de 2021

BENVIDO OUTONO! BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOLEIRAS!

 

BENVIDOS E BENVIDAS Á
 
 BiblioLeiras,
 
a vosa biblioteca do
 IES LEIRAS PULPEIRO
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as
 bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022
O lema elixido, 
 A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA,
 quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 
 

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
 
As  bibliotecas escolares
 tamén  son
 espazos sociais de encontro 
 que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son
 oportunidade para que o alumnado
 "tome a palabra"
  e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
As bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade , que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas:
unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para
 a recuperación da tradición oral
 como unha forma de achegar o alumnado
 ás raíces da cultura na que medra,
 facilitándolle así as claves para
 acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
 
 
 
 

martes, 1 de junio de 2021

Entrega de Premios "En abril, autor@s mil"

 Onte precedemos á entrega dos premios do 

Reto "NA BIBLIOLEIRAS... EN ABRIL, AUTORAS E AUTORES MIL"

Houbo sete acertantes de todas as autoras e autores 

ocultos tralas caricaturas: 

Coral Fernández, Iria Burgo, Pablo Magadán e Sara Nogueras 

de 1º ESO

Claudia Gallego, María Azargui e Nerea Fdez. Domínguez 

de 1º BAC

Sara e Pablo de 1º ESO
Iria e Coral de 1º ESO
 


















María, Nerea e Claudia de 1º BAC


Parabéns para estes gañadores e 

moitísimas grazas a todos e todas @s participantes! 

 

Aquí tedes as solucións:  



 

lunes, 17 de mayo de 2021

XELA ARIAS, Letras Galegas 2021

Xela Arias, de obra breve, pero intensa, como a súa vida, é a quinta muller en recibir recoñecemento polo Día das Letras Galegas.

 Sen tempo non era!

 Agardamos que veñan moitas máis...

 

Premede nos seguintes enlaces e poderedes ver e escoitar as lecturas dos seus poemas que diferentes membros da comunidade educativa fixeron para o blog de Dinamización É un falar (O día de Xela)

Así como un vídeo e os podcast  Xela na Radio Leiras

 

viernes, 23 de abril de 2021

EN ABRIL, AUTORES MIL (Día do Libro)

Este ano, para conmemorar o Día do Libro, temos unha interesante exposición con libros dos nosos fondos: obras, autoras e autores premiados en diferentes certames: 
 

temos premios Nobel, premios da Cultura Galega das Letras, premios Cervantes, premios Xerais, premios Pulitzer, premios Nacionales de Cómic, premios Nacionales de Poesía...

 

Propoñémosvos un reto: sodes quen de descubrir que autoras e autores se corresponden coas caricaturas do cartel?

Na biblioteca tedes unha caixiña para que introduzades un folio cos voso nome e curso xunto coas respostas: nome do autor/a correspondente ao  número de cada caricatura.

 

 Aquí tedes unha escolma:

 



Premios Nobel





 Premios da 

Cultura Galega

das Letras







Premios Cervantes







Premios Xerais









Premio Pulitzer

 

 

 

 Premios Nacionales de Cómic

  

... e moitos máis.  



miércoles, 21 de abril de 2021

Día do Libro (biblioteca inclusiva)

 

Estamos felices con este mural que o alumnado da aula TEA fixo para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril.

 

 

Que bonita idea!

 

Grazas a Aitor, Alejandro, Carlos e Lenny; 

e, por suposto, ás súas profes, Lidia e Noelia.





sábado, 3 de abril de 2021

Día Internacional da Literatura infantil e xuvenil (2 de abril)


 

Compartimos a entrada do blog das nosas compañeiras do Equipo de Dinamización: 

o alumnado fai tres recensións sobre libros infantís ou xuvenís que lles gustaron e que temos na nosa bilioteca.

Aquí tedes o enlace: É un falar

Feliz día!


 Tamén vos deixo os enlaces dos vídeos nos que falan os vosos compañeiros:

 

Vampira de biblioteca (Ledicia Costas)

Tres Catorce Dezaseis (Rocío Leira) 

A bruxiña da sorte (Concha Blanco) 

 

miércoles, 10 de febrero de 2021

CÓMICS EN PANDEMIA


 

 

Non te perdas 

a espectacular

  exposición de cómics

 

 

 

 

 

Na nosa Biblioleiras atoparás unha importante

 colección de cómics e novelas gráficas:

 

 

 desde clásicos, como as tiras de Mafalda

ata as obras máis innovadoras e cómics MANGA,

 

 

 tanto en galego 

como en castelán.

 

 

 

 
 

sección de cómics en galego
sección de cómics en castelán 
 
  
 


martes, 26 de enero de 2021

PREMIADAS NO CONCURSO "Centenario Miguel Delibes"

 No día de hoxe, entregáronse os premios do Concurso literario convocado pola Biblioleiras "CENTENARIO de MIGUEL DELIBES" (1920-2020)


A participación foi alta, pero a alumnas que acadaron o 1º premio en cada categoría, por votación unánime do xurado, foron: 

 

 

Ariadna Arcas Méndez (2ºE), 

no nivel de 1º ciclo da ESO, 

co seu relato El camino

 

 

 

  

 

Rosalía Bernárdez Riopedre (3ºA), 

no nivel de 2ºciclo da ESO e BAC, 

co seu relato Delibes descansa

 

  

 

Parabéns rapazas, os vosos textos son magníficos!!