miércoles, 27 de abril de 2016

LECTURAS CERVANTINAS na Biblioteca


O luns, 25 de abril,     para conmemorar o   
Día do Libro, alumnado e profesorado do Club de lectura procederon á lectura de varios textos de don Miguel de Cervantes como homenaxe a este autor no cuarto centenario do seu pasamento.






Queredes ver todas as fotos?             Aquí as tedes:




martes, 26 de abril de 2016

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Por fin puidemos reunirnos para comentar 

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea da autora Annabel Pitcher.

 @s lector@s sorprendeunos o tema abordado no libro, en aparencia moi sinxelo, pero ateigado de profundas reflexións e sentimentos,  que de maneira maxistral transmite a narradora. O personaxe que máis chamou a atención foi o do pai, moi incomprendido pol@s máis nov@s do Club de Lectura.

Unha lectura que emociona  e invita á reflexión.


sábado, 23 de abril de 2016

Exposición de traballos - DÍA do LIBRO (23 de abril)




Un ano máis, desde o Departamento de Lingua castelá e Literatura, convocouse a todo o alumnado para que presentase os seus carteis en conmemoración do Día do Libro.
 




 

E... menudo éxito! Houbo tantos que case non nos caben nos paneis do corredor. 

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!



A continuación tedes todas as fotos da exposición:



jueves, 14 de abril de 2016

Lecturas e teatro




Que comerá o Rei?

        Aproveitando  a presenza de  Cándido Pazó en Lugo, o 1 de abril, os rapaces e rapazas do Club de lectura asistimos á representación  dunha contada de historias e contos inspirados en textos e debuxos de Castelao.

  O acto tivo lugar na sala de exposicións da Deputación.

Resultou unha actividade moi agradable e emotiva.



martes, 12 de abril de 2016

Tarde de terror no Club de lectura (7 de abril de 2016)



Escarlatina, a cociñeira
defunta está moi contenta porque a trouxemos do Inframundo ao club     Lecturas Leirantes.
A tarde do xoves, 7 de abril, resultou arrepiante e divertidísima. Os lectores e lectoras puideron demostrar o dominio das aventuras de Román e a peculiar cociñeira  respondendo as preguntas dun             Rosco de Pasapalabra. Como os equipos obtiveron moi bos resultados, Escarlatina enviounos unha terrorífica merenda: pedras de chocolate, caveiras, ollos con arañeiras, Escalofríos...
Estamos desexando ler a segunda parte da obra de Ledicia Costas.


¡Que divertido pasar medo!

Botade unha ollada a reportaxe gráfica:


MANUEL RIVAS visita o Leiras Pulpeiro

  
 
O pasado 7 de abril, tivemos a honra de contar coa visita de MANUEL RIVAS


Este narrador, poeta, ensaísta, xornalista, ecoloxista, libertario, galeguista... agasallounos coa súa presenza e as súas palabras.
 Falou para o alumnado de BAC (e algúns outros cursos) nunha inesquecible charla sobre a vida e a morte, a historia e a guerra, o amor e a natureza, a ética e a literatura, o compromiso e a lingua, entre outros moitos temas de interese, nos que ía expoñendo as súas propias vivencias e sentimentos.


Respondeu ás preguntas do alumnado que con tanto interese o escoitara. E, finalmente, cunha infinita paciencia, asinou e dedicou, cun debuxo personalizado, un a un, todos os libros dos alumnos e profesores que lle levamos algún exemplar das súas obras.
 

 

Moitas grazas, Manuel.
 Foi un pracer.

Podedes ver a reportaxe fotográfica completa do evento neste enlace da Web do IES Leiras Pulpeiro.
Pero tamén tedes a continuación un resumo da mesma: