domingo, 29 de abril de 2012

Quen nos vistou o Día do libro?

O 23 de abril recibimos na nosa biblioteca a relevantes escritores e coñecidos personaxes da literatura universal e contemporánea que nos falaron dos seus libros favoritos. Alí estiveron Valle-Inclán da man de Castelao e tamén Quevedo falando galego ou o elegante e romántico Espronceda, Carapuchiña, Spiderman,  Mannawinard, o inxenioso Sherlock Holmes e o arrichado Tintimán, o vello pescador de Hemingway, Esther e a súa amiga Rita, o xefe Seatle e o aprendiz de mago Harry Potter. Do País das Marabillas chegou Alicia, Superman do seu planeta Krypton e unha espontánea crítica literaria que non sabemos de donde viña. Unha inesquecible, numerosa e divertida visita.

2 de abril, día Internacional do Autismo

Para conmemorar esta data, na biblioteca colocamos unha exposición de libros coa temática do autismo.
Parécenos moi importante que o alumnado do Leiras tome conciencia de que a diversidade é sempre enriquecedora, e que, aínda que todos somos distintos, en realidade todos somos iguais. Por iso, pedímoslles que deixasen unha mensaxe a Marina, Álex, Adrián e Javier, os seus compañeiros autistas, no lazo que eles pintaron con tanto agarimo. E esta é a proba gráfica  do entusiasmo que puxeron na actividade.