Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de outubro de 2022

100 anos de María Casares (exposición-homenaxe)

 

Como non podía ser doutra maneira, a primeira exposicón deste curso está dedicada á enorme actriz galega 

María Casares

 

 

Nacida en A Coruña hai cen anos, viviu desde a adolescencia en Francia, onde chegou a ser unha das actrices máis recoñecidas e admiradas dos escenarios e do cinema francés. 

 

Republicana e exiliada, nunca deixou de sentirse galega, mantendo a esencia das súas raíces. Foi esquecida no seu propio país durante demasiado tempo e xa era hora de que se lle dese o recoñecemento e valor que, sen dúbida, tivo na cultura do século XX. Gracias á labor de especialistas na súa vida e obra, como a catedrática María Lopo, hoxe sabemos moito máis sobre ela.

Este ano, por fin, foi declarado Ano de María Casares e honrouse a súa memoria e legado en multitude de actos, exposicións, publicacións, proxeccións...

 

 

  

 

 

 

 

 

  


Velaquí a nosa pequena contribución na Biblioleiras :

Conmemoramos o centenario do seu nacemento cunha exposicón de libros, carteis, fotografías... sobre e desta grandísima muller.

 

 

 




venres, 11 de febreiro de 2022

HOMENAXE a DARÍO XOHÁN CABANA (exposición e lecturas)

 

 

 

O Leiras Pulpeiro non podía deixar pasar este curso sen renderlle unha merecidísima homenaxe a un dos máis grandes e queridos escritores lucenses: Darío Xohán Cabana.

 

 

 

 

Este autor, nado en Roás e que nos deixou recentemente, creador dunha ampla obra poética, narrativa, ensaística, de tradución..., sentímolo xa como  da familia porque moitas das súas obras forman parte das nosas lecturas favoritas. O alumnado do Leiras mesmo tivo a sorte de coñecelo en persoa cando, hai uns anos, nos visitou para presentarnos o Galván en Saor

 

 

A Biblioleiras dedícalle unha exposición cunha mostra da súa vasta obra:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, proxectamos un pequeno vídeo no que nos fala dos seus referentes literarios:

 

 

 

 E ao longo da semana o alumnado de 4º ESO e o equipo da biblioteca participaron con emoción na lectura de poemas e fragmentos da súa obra narrativa. 

 

 

 Moitas grazas a Belén Martín polas magníficas fotos (aquí só hai unha pequena mostra) e polo vídeo-resume que podedes ver ao final:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Grazas DARÍO. Sempre DARÍO

 


xoves, 7 de xaneiro de 2016

LECTURA-HOMENAXE a XOSÉ NEIRA VILAS (16-XII-15)

              Antes de irnos de vacacións de Nadal, quixemos facerlle unha merecida homenaxe ao autor galego, recentemente falecido, don Xosé Neira Vilas.

                    Con tal fin, expuxemos todos os libros que deste grande escritor temos na nosa biblioteca, moitos deles asinados e dedicados persoalmente polo autor para o noso centro, verdadeiras xoias polas que lle estaremos sempre agradecidos.  

                    Ademais, o día 16 de decembro, os nosos leirantes, membros do Club Lector, fixeron unha lectura dalgúns dos seus poemas e textos narrativos máis emblemáticos: ao longo da mañá, foron pasando por cada unha das aulas de todos os grupos de ESO, mentres os seus compañeiros escotaban atentos.

       Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración e axudarnos a facer esta sentida homenaxe.

 ATA SEMPRE DON XOSÉ!

A continuación, podedes ver algunhas das fotografías do evento: