martes, 22 de febreiro de 2022

Exposición DÍA DE ROSALÍA (23 de febreiro)

 

Desde a BiblioLeiras, 

invitámoste a visitar 

a nosa exposición sobre 

Rosalía de Castro

con motivo do 185 

aniversario 

do seu nacemento.

 

 

 

Temos libros dela, temos libros sobre ela, temos libros ilustrados...

E tamén, moitas fotografías, marcapáxinas, postais e outros documentos interesantes.

 

 

 

 

 

Achégate o mércores o 23 de febreiro 

 á biblioteca e recollerás o teu agasallo.












venres, 11 de febreiro de 2022

HOMENAXE a DARÍO XOHÁN CABANA (exposición e lecturas)

 

 

 

O Leiras Pulpeiro non podía deixar pasar este curso sen renderlle unha merecidísima homenaxe a un dos máis grandes e queridos escritores lucenses: Darío Xohán Cabana.

 

 

 

 

Este autor, nado en Roás e que nos deixou recentemente, creador dunha ampla obra poética, narrativa, ensaística, de tradución..., sentímolo xa como  da familia porque moitas das súas obras forman parte das nosas lecturas favoritas. O alumnado do Leiras mesmo tivo a sorte de coñecelo en persoa cando, hai uns anos, nos visitou para presentarnos o Galván en Saor

 

 

A Biblioleiras dedícalle unha exposición cunha mostra da súa vasta obra:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, proxectamos un pequeno vídeo no que nos fala dos seus referentes literarios:

 

 

 

 E ao longo da semana o alumnado de 4º ESO e o equipo da biblioteca participaron con emoción na lectura de poemas e fragmentos da súa obra narrativa. 

 

 

 Moitas grazas a Belén Martín polas magníficas fotos (aquí só hai unha pequena mostra) e polo vídeo-resume que podedes ver ao final:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Grazas DARÍO. Sempre DARÍO