Amosando publicacións coa etiqueta actividades da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades da biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2019

APADRIÑA UN LECTOR 2019

    
        E aquí están, un ano máis, os nenos e nenas do último curso de infantil do CEIP Casás para celebrar connosco esta festa da lectura e da irmandade entre centros. 
         O noso alumnado de 1º de Bac e do Club de lectura exerceu de extraordinarios padriños e madriñas para estes pequenos afillados-lectores de 5 anos

 

Moitas grazas a todo o alumnado, profesorado e outras persoas implicadas neste proxecto que mellora ano tras ano.








 Ata o curso que vén !
 A continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica de toda a actividade: desde a chegada dos nenos, os apadriñamentos, as lecturas compartidas, as confidencias, os xogos, o sorteo, o reparto de chuches... ata as despedidas.  Preme o play:
 PhotoPeach





sábado, 10 de xuño de 2017

APADRIÑA UN LECTOR 2017

Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura
 


 Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros


Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
                  

Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión

Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería,  dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados. 
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!

sábado, 6 de maio de 2017

Taller de cómics do CEIP MENÉNDEZ PELAYO no IES Leiras Pulpeiro

O pasado venres, 28 de abril, como colaboración entre a bilioteca do CEIP Menéndez Pelayo e a nosa, organizamos unha visita do alumnado de 6º de primaria dese centro ao Leiras.

Os rapaces e rapazas viñeron para realizar un obradoiro de cómics, impartido polo profesor Suso Coucheiro.

1º visitaron a biblioteca, despois desenvolveuse o obradoiro, que rematou cun sorteo entre todos os participantes, e, finalmente, fixeron un pequeno "tour" polas nosas instalacións: laboratorio, aulas...





Agardamos que esta iniciativa se repita nos anos vindeiros porque... que ben o pasamos!!



A continuación pódese ver a reportaxe fotográfica cos mellores momentos da xornada: 

 

martes, 25 de abril de 2017

LECTURA PLURILINGÜE polo DÍA do LIBRO

     
    Conmemoramos o Día do Libro, 23 de abril
coa lectura de textos literarios en diversos idiomas: tanto das linguas que se imparten no noso centro como das linguas de orixe do noso alumnado.



Vivan os libros e a multicultura!
A continuación podedes ver aos vosos compañeiros en plena lectura 
(dálle ao play):
 

martes, 21 de xuño de 2016

"APADRIÑA UN LECTOR" 2016

 
 Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 



O alumnado de 1º de BAC, xunto co do Club de lectura,  pasou unha mañá inesquecible en compaña dos seus afillados e afilladas: xuntos escoitaron "As tres porquiñas", os maiores léronlles contos aos pequenos no noso xardín máxico, fixéronse amigos, xogaron... e despedíronse ata o vindeiro ano.

Chegada ao xardín dos contos
Lecturas e confidencias
Xogos e diversión

















 

Moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa colaboración e a todos os participantes!


 
Queredes ver todas as fotos? 
 Pois premede no "play":

xoves, 18 de xuño de 2015

APADRIÑA UN LECTOR 2015

    
    Un ano máis, chegado xuño, o noso alumnado de 1º BAC e do Club de lectura apadriñaron aos futuros lectores do CEIP de Casás. 
     Os nenos e nenas de cinco anos deste cole viñeron encantados para pasar un día inesquecible: escoitaron atentos o conto Os tres porquiños, coñeceron ós seus padriños e madriñas e foron con eles ata o noso xardín máxico, onde compartiron preciosas historias e xogaron todos xuntos.
   Finalmente, houbo "chuches" para adozar a despedida.


  


Grazas a todos e a todas por participar nesta fermosa actividade, e deica o ano que vén.




 A continuación, podedes ver a reportaxe fotográfica completa:
                                



xoves, 7 de maio de 2015

DAVID PINTOR visita o Leiras



     O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita do artista 

David Pintor

(de Pinto & Chinto)

Este debuxante, ilustrador, caricaturista, humorista gráfico, pintor…, multipremiado e que ten máis de 50 obras publicadas, ofreceu unha amena e interesante charla para os nosos alumnos de 3ºeso e 4ºpdc. 

Velaquí tedes unha mostra do evento: