sábado, 25 de octubre de 2014

24 de OUTUBRO, DÍA das BIBLIOTECAS

 

O pasado venres,  
24 de outubro, celebramos o 
día das Bibliotecas  agasallando a todos os alumnos e alumnas que visitaron a nosa cun pequeno presente. 



 
                   Ao mesmo tempo, puxemos á vosa disposición no corredor principal o COFRE DOS DESEXOS,  para que pidades aqueles libros que vos gustaría atopar na nosa Biblioteca. 
Xa veredes como os nosos ratos máxicos os cumpren!

Obradoiro "COCIÑANDO CONTOS"

 

Con motivo da V Semana do Libro e a Lectura, os rapaces e rapazas de 1º de ESO asistiron ós obradoiros organizados pola Deputación Provincial, nos que presentaron uns estupendos traballos que agora están expostos no Museo Provincial.


 
                                                     
Se queredes máis información e ver a reportaxe gráfica completa, ticade no enlace:

lunes, 20 de octubre de 2014

CONCURSO de "HAIKU" ou MICRORRELATO sobre VIOLENCIA ESCOLAR


O acoso, o maltrato entre iguais, a discriminación no ámbito escolar, “bullying” e outras variantes deste problema están cada día entre nós.


Para denuncialo e poñer algo da nosa parte que axude a frear este fenómeno, desde a Biblioteca, convocamos este concurso para todo o alumnado do Leiras Pulpeiro que queira participar.

Bases:

1.   Tema: VIOLENCIA ESCOLAR (ENTRE IGUAIS)
2.    Formato (dúas posibilidades):
A)Haiku”: poema breve de orixe xaponesa, a modo de sentenza impactante, que consta só de 3 versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.
B)Microrrelato: conto ou historia breve que constará dun máximo de 75 palabras.
C)Prazo: entregar na Biblioteca antes do 1 de decembro.

domingo, 19 de octubre de 2014

"UN MUNDO DE PELÍCULAS"

 

Sabías que a nosa biblio tamén é unha filmoteca?


Achegádevos á nosa exposición de DVDs:

hai un montón de filmes á vosa  disposición.


Se che interesa algún dos que ves ou calquera outro,

pregunta ao profesorado da Biblioteca.

       Co teu carné da biblioteca, podes levalos prestados a casa durante 3 días.











... e moitos máis.

domingo, 12 de octubre de 2014

BENVIDOS Á BIBLIOLEIRAS 2014-2015

Ola a todas e todos!

Un ano máis, a nosa  Biblioteca abre as portas para poñer á vosa disposición todo un mundo de libros, películas, revistas...  



Durantes estes últimos días o alumnado de 1º de ESO recibiu os seus carnés e visitou a biblio para coñecer como funciona o préstamo, onde e como están colocados os libros e recibir outras informacións de interese.



 



  Animádevos todas e todos 
a coñecela e, sobre todo, 
a disfrutala.