venres, 20 de xuño de 2014

LIBROS RECOMENDADOS PARA O VERÁN

Pasade pola "biblio" para recoller algún dos libros recomendados para este verán ou... calquera outro que vos apeteza.







Felices vacacións e a gozar coa lectura! 



LIBROS RECOMENDADOS PARA O VERÁN on PhotoPeach









PREMIO PARA OS MÁIS LECTORES

19 de xuño de 2014

Aqueles alumnos que máis libros leron durante este curso,  recibiron un agasallo por parte do equipo da Biblioteca.
Noraboa!

PREMIO PARA OS MÁIS LECTORES on PhotoPeach

AMADRIÑA UNHA LECTORA 2014

Xa vedes que este ano, como homenaxe ás mulleres, cambiámoslle o nome á actividade. Unha vez máis, o pasado 12 de xuño, compartimos unha xornada inesquecible cos alumnos de cinco anos do CEIP de Casás. O noso alumnado de 1º de BAC e de varios cursos de ESO, amadriñaron e apadriñaron aos futuros lectores. Desexamos que as vindeiras xeracións teñan a ilusión ante a lectura que afilladas e afillados amosaron neste día.
Todo comezou cun conto, unha frautista moi famosa, os nenos que a seguen, as madriñas e padriños que os acompañan ata o xardín para compartir fermosas historias... e final feliz con agasallos para todos.

Parabéns, grazas por esta fermosísima xornada e ata o próximo ano.

Amadriña unha lectora 2014 on PhotoPeach

martes, 17 de xuño de 2014

O Club de lectura no cemiterio de San Froilán

Alumnado  pertencente ó Club de Lectura participou  no acto  dedicado a A NAI. Organizado polo Concello de Lugo no cemiterio da cidade, alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro recitaron poemas de Cabanillas e  Darío Xohán Cabana entre outros. A soprano Paloma Suances púxolle música ao acto.