Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:
1. Participación na campaña mobilizaRosalía da AELG.
2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.
3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza, que realizou a execución artística deste impresionante panel.
4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.
* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace