Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a MANUEL MARÍA

  
                                    O venres, 29 de abril, a cantante Uxía Senlle e o músico Magín Blanco estiveron no noso centro presentándonos as cancións do seu disco Canta o cuco, nas que lles poñen música aos poemas de Manuel María

 
 

 Con Magín como animador, a diversión estivo garantida.
 E coa marabillosa voz de Uxía, as palabras de Manuel María aínda soaban máis fermosas.
 






Foi unha xornada inesquecible, na que o alumnado de 1º de ESO disfrutou cantando e bailando con estes dous grandísimos artistas.  





A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa do evento: 
UXÍA e MAGÍN cantan no Leiras a Manuel María         (29-04-2016) on PhotoPeach

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

venres, 26 de febreiro de 2016

Día de ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:


1. Participación na campaña mobilizaRosalía da  AELG.


2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.


3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza,  que realizou a execución artística deste impresionante panel.

 
 4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.



* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace

sábado, 20 de decembro de 2014

Charla de "HUGIN e MUNIN" polo Día da Edición



17 de decembro



Día da Edición
 


 O alumnado de 4º de ESO asistiu na Biblioteca a unha charla sobre a edición e tradución de obras da literatura estranxeira a galego, a cargo do   responsable da Editorial Hugin e Munin, Alejandro Tobar, e unha das súas tradutoras, Isabel Soto.

 Estes dous membros da Asociación de Tradutores Galegos expuxeron unha información moi interesante sobre o complexo proceso que vai desde elixir a obra no idioma orixinal ata a súa publicación en lingua galega.

A continuación, podedes ver a reportaxe gráfica completa da conferencia: 
 "Hugin e Munin" no Leiras on PhotoPeach


venres, 20 de xuño de 2014

AMADRIÑA UNHA LECTORA 2014

Xa vedes que este ano, como homenaxe ás mulleres, cambiámoslle o nome á actividade. Unha vez máis, o pasado 12 de xuño, compartimos unha xornada inesquecible cos alumnos de cinco anos do CEIP de Casás. O noso alumnado de 1º de BAC e de varios cursos de ESO, amadriñaron e apadriñaron aos futuros lectores. Desexamos que as vindeiras xeracións teñan a ilusión ante a lectura que afilladas e afillados amosaron neste día.
Todo comezou cun conto, unha frautista moi famosa, os nenos que a seguen, as madriñas e padriños que os acompañan ata o xardín para compartir fermosas historias... e final feliz con agasallos para todos.

Parabéns, grazas por esta fermosísima xornada e ata o próximo ano.

Amadriña unha lectora 2014 on PhotoPeach

xoves, 27 de febreiro de 2014

Día de Rosalía na Biblioteca

Organizado polo Equipo de Biblioteca e o EDL do centro celebramos o Día de Rosalía cantando Airiños, airiños aires; Rosa de abril e Adios ríos, adios fontes;  seguindo a convocatoria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Velaquí unha reportaxe gráfica do acto