Amosando publicacións coa etiqueta CEIP Casás. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CEIP Casás. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de xuño de 2023

AMADRIÑA UN LECTOR / APADRIÑA UNHA LECTORA 2023

Non hai cousa que nos faga máis ilusión, chegado o mes de xuño, que recibir aos nenos de 6º infantil do CEIP Casás para celebrar o Amadriña un lector. 

O alumnado de 1º de BAC estaba impaciente, como cada ano desde 2011.

Este curso, a chuvia impediu que puidésemos realizar a actividade ao aire libre, no noso fermoso xardín dos contos; pero as ganas de celebrar esta xornada non diminuíron e reunímonos no ximnasio, no que houbo lecturas compartidas, xogos, sorteos, doces e moita diversión.

 Aquí tedes algunhas fotos, pero podedes ver unha reportaxe fotográfica máis completa no vídeo que tedes ao final desta entrada. Tamén podedes velo en YouTube:  Amadriña un lector 2023 (Biblioleiras)





Agradecementos especiais: ó profesorado colaborador, tanto do noso centro como do Casás;  á Biblioteca Provincial (Nodal) pola escolla e préstamo dos libros para esta actividade; e a Belén de cafetería por prepararnos as chuches e as augas. 

Mil grazas a tod@s!



venres, 17 de xuño de 2022

Obradoiro de cómics (2) para o alumnado de 6º do CEIP Casás

 
 
E hoxe tocoulle ao alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Casás. Nesta nova xornada de portas abertas, na que os alumnos e alumnas visitantes estiveron acompañados polo noso alumnado mediador, que actuou como anfitrión, amosándolles aos seus futuros compañeiros as instalacións do instituto e participando con eles en diferentes actividades. 
 
 
 
  Unha desas actividades foi na Biblioleiras: un obradoiro de banda deseñada impartida polo  exprofesor Suso Coucheiro, especialista neste tema e magnífico debuxante, que lles amosou algunhas das técnicas para facer cómics.
 
 





Que divertido e interesante!



Moitas grazas, rapazas e rapaces. 

Vémonos o vindeiro curso!

 

Apadriña un lector (15-06-2022)

 Aquí podedes ver a reportaxe fotográfica completa do 

Apadriña un lector 2022

Unha xornada na que tendemos pontes entre a ensinanza primaria e a secundaria:

 os nenos do Casás (afillad@s) e os do Leiras (padriños e madriñas) compatiron lecturas, confidencias, xogos, premios e chuches.

 

 Que xornada tan marabillosa!

mércores, 15 de xuño de 2022

APADRIÑA UN LECTOR 2022: lecturas (e diversión) compartidas

Os nenos de 5 anos do CEIP Casás (6º de infantil) viñeron hoxe visitarnos para ser recibidos, amadriñados e apadriñados polo noso alumnado de 1º de BAC.

 

 

 Si, por fin, despois de dous cursos sen poder celebralo, retomamos a nosa actividade favorita: APADRIÑA UN LECTOR. 


 

As nosas alumnas e alumnos estaban impacientes cando chegaron os pequeniños. Iniciamos as presentacións e axiña comezaron a facerse confidencias.

 

Despois fomos todos para o noso "xardín dos contos" para iniciar un precioso tempo de lecturas compartidas, de xogos e diversión. 

 

 

 Aínda que nos hidratamos ben, que calor ía! 

Que llelo pregunten aos padriños e madriñas que suaban mentres corrían detrás d@s afillad@s.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Tamén houbo un sorteo no que repartimos os marcapáxinas da biblioleiras e algún libro. Parabéns aos afortunados! 

Gañadores do sorteo

 

 

 

 

 

 

 

E finalmente... chuches para tod@s!

 

 

 

 O noso alumnado e mailos nenos do Casás viviron unha xornada inesquecible e ata lles deu pena ter que despedirse. 

 

 

Se queres ver a reportaxe fotográfica completa dálle ó play: 

 


 Moitas grazas a tod@s por participar 

e

 ata o curso que vén!


xoves, 26 de maio de 2022

AXIÑA CHEGARÁ O "APADRIÑA UN LECTOR" 2022

  

O día 15 de xuño celebraremos, 

despois de dous cursos sen poder facelo,

 o APADRIÑA UN LECTOR

Os nenos de 5 anos (6º de infantil) do CEIP Casás virán para ser apadriñados e amadriñados polo noso alumnado de 

1º de BAC.  Nunha xornada de convivencia e boas lecturas tenderemos pontes entre os dous centros, como vén sendo tradicional desde 2011



luns, 17 de xuño de 2019

APADRIÑA UN LECTOR 2019

    
        E aquí están, un ano máis, os nenos e nenas do último curso de infantil do CEIP Casás para celebrar connosco esta festa da lectura e da irmandade entre centros. 
         O noso alumnado de 1º de Bac e do Club de lectura exerceu de extraordinarios padriños e madriñas para estes pequenos afillados-lectores de 5 anos. 

 

Moitas grazas a todo o alumnado, profesorado e outras persoas implicadas neste proxecto que mellora ano tras ano.








 Ata o curso que vén !
 A continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica de toda a actividade: desde a chegada dos nenos, os apadriñamentos, as lecturas compartidas, as confidencias, os xogos, o sorteo, o reparto de chuches... ata as despedidas.  Preme o play:
 PhotoPeach





martes, 19 de xuño de 2018

APADRIÑA UN LECTOR 2018

 
Que alegría volver recibir aos nenos e nenas de últimos curso de Infantil (5 anos) do CEIP Casás!
Os padriños e madriñas, alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura, estaban ansiosos por que chegara este día e encontrarse cos seus afillados e afilladas.



Este ano, o tempo atmosférico impediu que puideramos celebralo no noso Xardín dos Contos porque estaba a herba mollada, pero como non choveu, pasámolo estupendamente no Patio dos Contos.

Outro día de encontros, de estreitar lazos, de lecturas compartidas, de xogos e confidencias, de emocións e carreiras, de sorteos e sorpresas e, finalmente, despedida con chuches para os nosos convidados.
 

En nome de todo o equipo da Biblioleiras, quero darvos as GRAZAS: moitas grazas á dirección e profesorado do Casás, moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa incondicional e impagable colaboración, moitas grazas a Alfonso da cafetería, moitas grazas aos profes que actuaron de fotógrafos (Susana e Suso)... E, por suposto, moitas grazas ao noso alumnado que con entusiasmo  fai posible cada curso a celebración deste marabilloso evento.

                                                                                       Ana Dopazo




Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play da seguinte fotomontaxe: 
                                               




sábado, 10 de xuño de 2017

APADRIÑA UN LECTOR 2017

Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura. 
 


 Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros. 


Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
                  

Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión. 

Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería,  dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados. 
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!

martes, 21 de xuño de 2016

"APADRIÑA UN LECTOR" 2016

 
 Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 



O alumnado de 1º de BAC, xunto co do Club de lectura,  pasou unha mañá inesquecible en compaña dos seus afillados e afilladas: xuntos escoitaron "As tres porquiñas", os maiores léronlles contos aos pequenos no noso xardín máxico, fixéronse amigos, xogaron... e despedíronse ata o vindeiro ano.

Chegada ao xardín dos contos
Lecturas e confidencias
Xogos e diversión

















 

Moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa colaboración e a todos os participantes!


 
Queredes ver todas as fotos? 
 Pois premede no "play":

xoves, 18 de xuño de 2015

APADRIÑA UN LECTOR 2015

    
    Un ano máis, chegado xuño, o noso alumnado de 1º BAC e do Club de lectura apadriñaron aos futuros lectores do CEIP de Casás. 
     Os nenos e nenas de cinco anos deste cole viñeron encantados para pasar un día inesquecible: escoitaron atentos o conto Os tres porquiños, coñeceron ós seus padriños e madriñas e foron con eles ata o noso xardín máxico, onde compartiron preciosas historias e xogaron todos xuntos.
   Finalmente, houbo "chuches" para adozar a despedida.


  


Grazas a todos e a todas por participar nesta fermosa actividade, e deica o ano que vén.




 A continuación, podedes ver a reportaxe fotográfica completa: