Amosando publicacións coa etiqueta viveiro de cidadanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viveiro de cidadanía. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de outubro de 2019

"El camino" na Biblioleiras


O vindeiro luns, 14 de outubro, inauguramos a primeira exposición do curso 2019-2020:

 "El camino" na BiblioLeiras: Lugo, Todi, Toulouse, Valença
 

Poderedes curiosear entre as obras dos autores máis representativos da literatura italiana, francesa e portuguesa e unha sección adicada a Lugo e ó Camiño de Santiago, da que tamén poderán disfrutar as profesoras e profesores franceses, italianos e portugueses que nos visitarán a vindeira semana.

Nos taboleiros da entrada tedes información visual sobre as cidades dos nosos socios europeos: Todi, Toulouse e Valença do Minho e tamén sobre o Camiño Primitivo e o Camiño Francés.



 
Todi






 
Non vos perdades as acuarelas de Isabel Fernández (Toledo, 1947) procedentes do libro "Lugo, Memoria de Pedra", que forma parte dos nosos fondos, e das que podedes disfrutar nos corredores camiño da Biblioleiras.




Na pantalla de TV situada no vestíbulo proxectaranse vídeos alusivos á temática da exposición.

Esperámosvos!, e... BO CAMIÑO!!!






Tendo como referente o lema deste curso 2019/20 “Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía” e aproveitando a participación do noso IES como centro coordinador dun  Proxecto Europeo  Erasmus+ KA229 de intercambio de alumnado, que leva por título “Conviviendo en el camino” e no que temos como socios centros escolares de Todi (Italia), Toulouse (Francia) e Valença do Minho (Portugal), moitas das actividades da biblioteca durante este curso terán como fío condutor esta circunstancia .

O CAMIÑO tamén é 
un VIVEIRO DE CIDADANÍA

O equipo da biblioteca quere dar as grazas a todas as persoas que coa súa axuda fixeron posible esta exposición 



mércores, 2 de outubro de 2019

Biblioteca Escolar: viveiro de cidadanía

Lema  2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020:  
"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar: o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria. 

Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.  

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.