jueves, 27 de febrero de 2014

Día de Rosalía na Biblioteca

Organizado polo Equipo de Biblioteca e o EDL do centro celebramos o Día de Rosalía cantando Airiños, airiños aires; Rosa de abril e Adios ríos, adios fontes;  seguindo a convocatoria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Velaquí unha reportaxe gráfica do acto

domingo, 9 de febrero de 2014

MULLERES EN CÓMIC




O noso “altarciño dos libros” rende homenaxe ás mulleres como protagonistas das historias de banda deseñada. Atopámolas mostrándose como loitadoras, divertidas, sufridoras, reivindicativas…en resumo, vitais. Mulleres centro de historias e mulleres que escriben e debuxan esas historias.


Mulleres en cómic on PhotoPeach


miércoles, 5 de febrero de 2014

100 ANOS de PLATERO Y YO (1914-2014)



Este ano conmemoramos o primeiro centenario da publicación da inmortal obra de Juan Ramón Jiménez. Este contiño, feito como pasatempo e sen idea inicial de ver a luz, converteuse nunha das obras máis universalmente coñecidas do autor. Considérase un exemplo de prosa poética, porque, aínda que non estea escrita en verso, a beleza das súas imaxes, as figuras literarias marabillosamente escollidas e o ritmo marcado e cantarín da narración, fan que cando lemos este relato esquezamos que estamos ante un texto en prosa.

Parabéns Platero!