martes, 25 de octubre de 2016

1ª reunión do Club de Lectura (curso 2016-17)

 

 
    Hoxe reuniuse por 1ª vez o club de Lecturas Leirantes para constituírse, dar a benvida aos novos integrantes e saudar aos veteranos. 

 





     Con Suso Coucheiro como mestre de cerimonias e como "chef", xa que nos convidou a un delicioso biscoito caseiro, repartíronse os libros para a primeira lectura do ano.

 


 
     
        O alumnado de 1º e 2º de ESO lerá O achado do Castro  de  Manuel Núñez Singala  e  o de 3º e 4ª  lerá  Aya de Yopougon de Marguerite Abouet.







   
 Ata a próxima reunión
 e feliz lectura a tod@s!!

CONCURSO de HAIKUS sobre "o libro" (Día das Bibliotecas)



Concurso
de


Celebra connosco o Día das Bibliotecas (24 de outubro) participando neste interesante concurso:

·       Tema:  “O libro é ...”
·       Forma:  Un haiku é un poema moi breve de orixe xaponesa,
                 a modo de sentenza impactante e sen rima, que consta de
                 3 versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.

Compón o teu haiku, que pode estar ilustrado cun debuxo ou imaxe, sobre un folio en sentido horizontal, escribe pola parte de atrás o teu nome completo e curso e entrégao na Biblioteca (ou a algún/ha profesor/a que nolo faga chegar) antes do día 15 de novembro

 
Ti podes ser o/a gañador/a  !!!


                           Aquí tes un exemplo:

DÍA das BIBLIOTECAS (24 de outubro)



Día das Bibliotecas

24 de outubro


Pásate hoxe pola nosa biblioteca durante o recreo para coller ou devolver un libro e recibirás un agasallo.
Ademais, faremos un sorteo entre tod@s @s que veñan e haberá premio!

viernes, 21 de octubre de 2016

Reunión inaugural do Club de Lectura - curso 2016/2017



En calquera sitio,
en calquera posición,
en calquera circunstancia,
sexas medio araña ou non,…
Sempre podes gozar coa lectura!