CADERNOS DE VIAXE NO CAMIÑO
Amosando publicacións coa etiqueta "Conviviendo en el camino" b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta "Conviviendo en el camino" b>. Amosar todas as publicacións
luns, 2 de decembro de 2019
martes, 15 de outubro de 2019
Colegas Erasmus+ na BiblioLeiras
A exposición "El Camino" na BiblioLeiras tivo unha inauguración de luxo pola visita dos nosos colegas europeos procedentes de Francia, Italia e Portugal.
L'exposition "El Camino" na BiblioLeiras a eu une inauguration de luxe avec la visite de nos collègues européens de France, d'Italie et du Portugal.
La mostra "El Camino" na BiblioLeiras ha avuto un'inaugurazione di lusso con la visita dei nostri colleghi europei di Francia, Italia e Portogallo.
A exposição "El Camino" na BiblioLeiras teve uma inauguração de luxo com a visita de nossos colegas europeus da França, Itália e Portugal.
LECTURAS NO CAMIÑO
"O Camiño", viveiro de linguas
As profesoras e o profesor participantes neste programa tiveron a xentileza de escoller un libro da exposición escrito na sua lingua e ler en voz alta un fragmento. Moitas grazas!
sábado, 12 de outubro de 2019
"El camino" na Biblioleiras
O vindeiro luns, 14 de outubro, inauguramos a primeira exposición do curso 2019-2020:
"El camino" na BiblioLeiras: Lugo, Todi, Toulouse, Valença
Poderedes curiosear entre as obras dos autores máis representativos da literatura italiana, francesa e portuguesa e unha sección adicada a Lugo e ó Camiño de Santiago, da que tamén poderán disfrutar as profesoras e profesores franceses, italianos e portugueses que nos visitarán a vindeira semana.
Nos taboleiros da entrada tedes información visual sobre as cidades dos nosos socios europeos: Todi, Toulouse e Valença do Minho e tamén sobre o Camiño Primitivo e o Camiño Francés.
Todi
Non vos perdades as acuarelas de Isabel Fernández (Toledo, 1947) procedentes do libro "Lugo, Memoria de Pedra", que forma parte dos nosos fondos, e das que podedes disfrutar nos corredores camiño da Biblioleiras.
Na pantalla de TV situada no vestíbulo proxectaranse vídeos alusivos á temática da exposición.
Esperámosvos!, e... BO CAMIÑO!!!
Tendo como referente o lema deste curso
2019/20 “Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía” e aproveitando
a participación do noso IES como centro coordinador dun Proxecto Europeo Erasmus+ KA229 de intercambio de alumnado, que leva por título “Conviviendo
en el camino” e no que temos como socios centros escolares de Todi
(Italia), Toulouse (Francia) e Valença do Minho (Portugal), moitas das actividades
da biblioteca durante este curso terán como fío condutor esta
circunstancia .
O CAMIÑO tamén é
un VIVEIRO DE CIDADANÍA
O equipo da biblioteca quere dar as grazas a todas as persoas que coa súa axuda fixeron posible esta exposición
Etiquetas:
"Conviviendo en el camino",
"El Camino" na Biblioleiras,
"Memoria de Pedra",
exposición,
Francia,
Italia,
Lugo,
Portugal,
Proxecto Europeo Erasmus +,
Todi,
Toulouse,
Valença do Minho,
viveiro de cidadanía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







