Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xuño de 2019

DONAS DE SI - curso 2018-2019


Rematamos o Plan Proxecta "DONAS DE SI"


O programa "Donas de si", baixo a coordinación da profesora Eva Teijeiro, tiña como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. 

A actividade foi co que se integra no Plan Proxecta e que se desenvolveu entre outubro e maio baixo o nome "PERSONAXE DA SEMANA", consistiu en descubrir o nome dunha persoa destacada nalgún ámbito da cultura a partir das pistas que se ían facilitando sobre ela ao longo de cada semana.
 
Podíase participar individualmente ou por equipos. En conserxería había modelos para cubrir coa información correspondente e tamén alí estivo depositada a caixa de recollida semanal. O obxectivo era identificar o maior número posible de personaxes.


 
 
A alumna que máis personaxes identificou e, polo tanto, gañadora do concurso foi: Patricia Barreiro de 2º BAC.




He aquí un recopilatorio de todos os personaxes, fundamentalmente femininos, que tiñan que descubrir semana a semana: escritoras, matemáticas, activistas, eruditas, deportistas, investigadoras, artistas, mariñeiras, cantantes, científicas, educadoras, debuxantes, actrices, relixiosas, informáticas, oceanógrafas, coidadoras, cosmonautas, aviadoras, musicólogas, periodistas... E, por suposto, todas e todos son feministas.


Concepción Arenal (escritora...)
María Wonenburger (matemática...)
Rosa Parks (activista)

Frei Benito Feijoo (erudito...)
Kathrine Switzer (deportista...)
Jane Goodall (antropóloga...)



Camille Claudel (escultora)
Isabel de Barreto (navegante)

Billie Holiday (cantante)


Maitena Burundarena (ilustradora...)
Antía Cal (educadora...)
Malala (activista e Premio Nobel)



Emma Watson (actriz...)
Antonio Fraguas, Forges (debuxante...)


Teresa de Calcuta (relixiosa...)

Ada Lovelace (informática...)
Margarita Salas (científica)






Premios "María Wonenburger" de 2007 a 2018: Inmaculada Paz, Teresa Miraz, Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, M.Tarsy Carballas, Mª José Alonso, Carmen García, Isabel Aguirre, Peregrina Quintela, Begoña Vila, Alicia Estévez (científicas)





María Casares (actriz)





Ángela Ruiz Robles (educadora...)

Emilia Pardo Bazán (escritora)
Ángeles Vilariño (oceanógrafa)
Valentina Tereshkova (astronauta)


Amelia Earhart (aviadora)


Chus Lago (alpinista)

Dorothé Schubarth (musicóloga)
Philippa York (ciclista...)

Isabel Zendal (enfermeira...)



Grazas a todos os participantes!!

sábado, 26 de novembro de 2016

Exposición "MULLERES PROTAGONISTAS" 25 N

            Para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro, presentamos unha exposición de libros nos que as mulleres, rapazas, nenas... son as protagonistas.
 









  





Vai por todas elas, 
vai por todas nós  



 
    

mércores, 6 de marzo de 2013

8 de marzo: Día internacional das mulleres

(...)
As mulleres poñen en relevo ata o máis escondido dos teus defectos e os homes non cesan de dicirche sempre que poden, que unha muller de talento é unha verdadeira calamidade, que vale máis casar coa burra de Balaam, e que só unha boba pode facer a felicidade dun mortal.
Sobre todo os que escriben e se teñen por graciosos, non deixan pasar nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus maridos, se o teñen, e se non, aínda que sexan os do criado. (...)
As literatas. Carta a Eduarda. ROSALÍA DE CASTRO


Eis as palabras de Rosalía que evidencian a incomprensión e a crítica social que como muller e escritora sufriu na sociedade que lle tocou vivir na que a finalidade das mulleres era casar e servir o home.
Do mesmo xeito que Rosalía, outras creadoras: literatas, pintoras, escultoras, cineastas...enfrontáronse ós usos sociais da cultura dominante, profundamente machista, que ignoraba e desprezaba as mulleres
As mulleres de hoxe debemos ser as gardiás dos camiños abertos polas nosas avoas e nais, para convertelos en avenidas polas que circularán amplamente as nosas fillas e os nosos fillos, nunha sociedade xusta e igualitaria.

Para reflexionar sobre a  igualdade. Vídeos




venres, 9 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller no Leiras




O día 8 de Marzo foi o Día Internacional da Muller (anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora). No instituto levamos a cabo diferentes actividades nas aulas, e no recreo limos uns textos relacionados con este tema tan importante para nós coma comunidade educativa. Se ledes os textos, non hai moito que explicar. As súas palabras dino todo. Reproducímolos máis abaixo.
Mentres esperabamos ás lecturas, escoitamos esta canción de Mercedes Peón, "Derorán". A súa letra tamén e para pararse a escoitala.





Estes son os textos que limos:


AGORA MÁIS QUE NUNCA





TECÍN SOA A MIÑA TEA
(Poema de Rosalía de Castro)