sábado, 30 de mayo de 2015

Despedida do CLUB DE LECTURA

Está rematando o curso e o club  LECTURAS LEIRANTES  tivo a súa despedida.

          Lembremos que este ano lemos catro libros, polo que superamos as espectativas previstas de reunirnos unha vez por trimestre. Foron varias tardes de encontros, postas en común e intercambio de opinións sobre as lecturas propostas. Ademais, tamén hai que contar os moitos recreos que lle adicamos a facer pequenas reunións para repartir os libros, acordar datas de reunión...

 



          A primeira reunión foi o 24 de outubro, para constituír o club e que os leirantes veteranos apadriñasen aos novos lectores.






          A rateira de Agatha Christie foi a primeira obra proposta, sobre a que charlamos o 27 de novembro. Foi divertido tratar de averiguar quen era o asasino. E ata houbo premio para quen o adiviñou.

               O 29 de xaneiro falamos do segundo libro: O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon. Unha visión sorprendente do mundo a través dun protagonista moi especial.

           En marzo, reunímonos o día 27 para falar de Engurras de Paco Roca, un relato gráfico que nos emocionou a todos. 

 
  
                  Finalmente, o día 7 de maio, falamos de La lección de August de R.J. Palacio, cun personaxe principal que nos demostrou que o aspecto externo das persoas non é o importante.

Nesta última ocasión, a sesión incluíu un chocolate con churros.


       
         
   Ademais, como fin de festa, o día 14 de maio fomos todos á Deputación a ver a versión teatral que Cándido Pazó representou da obra Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.

    




 Moitas grazas 
a todas e a todos,
e ata o curso que vén!


jueves, 7 de mayo de 2015

DAVID PINTOR visita o Leiras



     O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita do artista 

David Pintor

(de Pinto & Chinto)

Este debuxante, ilustrador, caricaturista, humorista gráfico, pintor…, multipremiado e que ten máis de 50 obras publicadas, ofreceu unha amena e interesante charla para os nosos alumnos de 3ºeso e 4ºpdc. 

Velaquí tedes unha mostra do evento: