Amosando publicacións coa etiqueta Recital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recital. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de xuño de 2017

Actos polas LETRAS GALEGAS 2017


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua galega e Literatura , un ano máis, organizaron de forma exitosa unha serie de actos moi interesantes, emotivos e participativos: 

 


1. Recital literario: baixo o lema "Castelao e Carlos Casares: creadores de historias", alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa leron textos destes dous grandísimos narradores.

 






2. Entrega dos premios do Concurso literario de narrativa (relato curto) e poesía. 




Parabéns a todos os participantes. Podedes ver máis información e máis fotos na lapela superior (É un falar) do blog do EDLG.

venres, 26 de febreiro de 2016

Día de ROSALÍA (24 de febreiro de 2016)

Un ano máis, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización organizou unha serie de actividades interesantes e divertidas:


1. Participación na campaña mobilizaRosalía da  AELG.


2. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recitaron o poema "Campana de Bastabales" cun estupendo acompañamento musical executado por dous compañeiros.


3. A continuación, tanto alumnado como profesorado puideron facerse fotografías caracterizados como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro ou Manuel María nun photocall moi especial, e grazas á colaboración da profesora de plástica Ana Belén Somoza,  que realizou a execución artística deste impresionante panel.

 
 4. Ao longo da mañá, calquera membro da comunidade educativa puido retratarse neste photocall.



* Podedes ver a reportaxe fotográfica completa na pestana superior É un falar que nos leva ao blog do EDLG ou ben premendo neste enlace

domingo, 29 de novembro de 2015

Poesía e Música CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro)




O pasado mércores, 
25 de novembro, organizamos unha serie de actividades 
para unir as nosas voces no        DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:




1) Recital de poemas compostos polo  alumnado de 4º ESO. A continuación, podedes ler algún dos poemas recitados polos vosos compañeiros no Salón de actos do Instituto:


2) Paralizadas as clases ás 12:00, todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no pavillón para desenvolver un acto de repulsa contra a violencia machista, que consitiu nun manifesto e lectura de poemas,  acompañados de música en directo interpretada por unha alumnna do centro e, finalmente, un minuto de silencio

Estes actos tan emotivos foron recollidos nunha reportaxe fotográfica que podedes ver na páxina Web do IES Leiras Pulpeiro (preme aquí)

xoves, 5 de marzo de 2015

EU SON ROSALÍA




24 de febreiro



Celebramos o 
Día de Rosalía    como unha festa.




Mozos e mozas de 3º de ESO bailaron tralo recitado dos poemas "Tecín soia a miña tea", "Miña casiña, meu lar" e "Alborada".

A continuación tedes máis fotos

 "EU SON ROSALÍA"           no Leiras Pulpeiro                 (24 de febreiro de 2015) on PhotoPeach



Se queredes ver o vídeo completo, podedes visitar o blog  do EDL:
preme neste enlace "É un falar" 

xoves, 22 de maio de 2014

GARCÍA MÁRQUEZ, IN MEMORIAM

Deixounos Gabo. 

Narrador e xornalista colombiano, gañador do premio Nobel en 1982, creador das obras clásicas como "Cien años de soledad", "El otoño del patriarca", "El coronel no tiene quien le escriba"," Relato de un náufrago", "Crónica de una muerte anunciada".

Artífice do territorio chamado Macondo, onde conviven imaxinación, soño, desexo e realidade. 
Abriu rutas marabillosas para a literatura e proxectou mundialmente a novela latinoamericana. 
Quédanos Macondo, Aureliano Buendía, Santiago Nasar e outros moitos que convivirán con nós para sempre.
 Grazas Gabo

Co gallo do Día do Libro, na biblioteca fixemos unha lectura de fragmentos de Gabriel García Márquez para rendirlle unha merecida homenaxe con motivo do seu pasamento:


 Lendo a Gabo                    (25 de abril de 2014) on PhotoPeach