Amosando publicacións coa etiqueta Mafalda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mafalda. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de setembro de 2020

QUINO

 

QUINO



 29/09/2020

O historietista gráfico arxentino, Joaquín Salvador Lavado, “ Quino”, faleceu aos 88 anos, un día despois de que a súa creación, “ Mafalda”, cumprise 54 anos desde a súa primeira publicación.

 


As aventuras de Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose, traducíndose, replicándose en revistas e diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século. Ata hoxe. 

 

 

Estes son os libros que tedes de Mafalda na BiblioLeiras:


 

                   Homenaxe a Quino na BiblioLeiras



Biblioteca Mafalda interactiva en PDF. Para ver cada libro como en papel.


  https://drive.google.com/file/d/1A-J0ZfBpF2ekoYb8lXQiCzVwzjJyN6yz/view


xoves, 15 de marzo de 2012

Mafalda cumpre 50 anos



Mafalda, a protagonista das tiras cómicas do mesmo nome, cumpre hoxe 50 anos. Quino debuxouna, por primeira vez, o 15 de marzo de 1962 como reclamo publicitario dunha marca de electrodomésticos. Pero non será até setembro de 1964 cando se publique a primeira tira nun semanario arxentino.
A nena dos grandes mofletes , resabida, curiosa, soñadora e inconformista, protagoniza historietas infestadas de alusións políticas. Xunto aos seus inesquecibles amigos (Manolito, Felipe, Miguelito, Susanita, Liberdade), Mafalda trata temas universais tales como os dereitos humanos, a paz mundial, a autodeterminación dos pobos, a educación, o feminismo, a ecoloxía... Temas serios tratados con humor.
Todas as viñetas están infestadas de frases para o recordo, que 50 anos despois seguen conmovéndonos.
Aquí déixovos dous exemplos:
MAFALDA: As túas ideas son moi loables, Felipe, pero un pouco inxenuas.
FELIPE: É inxenuo pretender que a xente aprecie máis a cultura que o diñeiro.
FELIPE: Non sería fermoso o mundo se as bibliotecas fosen máis importantes que os bancos?
MANOLITO: Non! Pedazo de extremista!

MIGUELITO: Estou só e aburrido. Podes vir á miña casa?
MAFALDA: Síntoo Miguelito, vou saír coa miña nai; pero non tes algún libro? Un libro é un bo amigo
MIGUELITO: Bo, a que queres que xoguemos?