mércores, 15 de xuño de 2022

APADRIÑA UN LECTOR 2022: lecturas (e diversión) compartidas

Os nenos de 5 anos do CEIP Casás (6º de infantil) viñeron hoxe visitarnos para ser recibidos, amadriñados e apadriñados polo noso alumnado de 1º de BAC.

 

 

 Si, por fin, despois de dous cursos sen poder celebralo, retomamos a nosa actividade favorita: APADRIÑA UN LECTOR


 

As nosas alumnas e alumnos estaban impacientes cando chegaron os pequeniños. Iniciamos as presentacións e axiña comezaron a facerse confidencias.

 

Despois fomos todos para o noso "xardín dos contos" para iniciar un precioso tempo de lecturas compartidas, de xogos e diversión. 

 

 

 Aínda que nos hidratamos ben, que calor ía! 

Que llelo pregunten aos padriños e madriñas que suaban mentres corrían detrás d@s afillad@s.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Tamén houbo un sorteo no que repartimos os marcapáxinas da biblioleiras e algún libro. Parabéns aos afortunados! 

Gañadores do sorteo

 

 

 

 

 

 

 

E finalmente... chuches para tod@s!

 

 

 

 O noso alumnado e mailos nenos do Casás viviron unha xornada inesquecible e ata lles deu pena ter que despedirse. 

 

 

Se queres ver a reportaxe fotográfica completa dálle ó play: 

 


 Moitas grazas a tod@s por participar 

e

 ata o curso que vén!


1 comentario:

  1. Coma sempre, unha xornada inolvidable para pequenos e grandes. Parabéns!!!

    ResponderEliminar