Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Universal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Universal. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA: Con nome de muller...

       Ademais de visitar a nosa exposición, 
Con nome de muller..., podedes ver como o noso alumnado de Literatura Universal de 1º de BAC, recitou unha escolma de poemas elixidos por eles entre autoras de toda a historia da literatura, desde a Antigüidade ata a actualidade: Safo de Lesbos, Carolina Coronado, Emily Dickinson, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Gloria Fuertes, Gioconda Belli e Zahara. 


 

 

 

Alumnado de Literatura Universal (1º BAC)

Alumnado participante:

Ainhoa 

Iolanda


Jorge

Martín






Noemí


Sabela

Rosalía









Vicki

Moitas grazas a tod@s vós pola colaboración. 

Aquí tedes un vídeo do recital: 


 




 














martes, 7 de febreiro de 2012

Bicentenario do nacemento de Dickens






Hoxe cúmprense 200 anos do nacemento de Charles Dickens, un dos máis soados novelistas da literatura inglesa. As súas novelas, que se publicaban por entregas nos medios gráficos, inspiraron moitas adaptacións cinematográficas e televisivas.
As emocionantes historias que escribiu retratan de forma inigualable a sociedade da Inglaterra victoriana. Como bo abanderado do realismo, critica, con humor e ironía, a desigualdade entre ricos e pobres, as lamentables condicións de vida dos asalariados, a lentitude, ineficacia e arbitrariedade do sistema xudicial, a explotación infantil, o abandono, a pobreza, e outras miserias do ser humano. Algúns consideran que esta batalla contra a inxustiza e esta profunda sensibilidade social que impregna toda a súa obra, fixéronlle caer nun sentimentalismo excesivo.
Pero se por algo destacou Charles Dickens é pola aguda descrición de lugares e xentes: debuxou como ninguén o Londres do s. XIX e creou personaxes tan memorables como Oliver Twist.



Se queres coñecer algo máis sobre Dickens e, ao mesmo tempo practicar o teu inglés, pica aquí: atoparás un vídeo coa súa biografía e un xogo que che trasladará ao Londres victoriano. Tamén che recomendo dar un pequeno paseo virtual polo seu museo, visitar a súa páxina oficial e ler a información que che deixo nesta ligazón. E se o que desexas é saber o que opinaban de Dickens outros grandes da literatura universal como Dostoievsky ou Verne, aquí tes un vídeo que tamén inclúe imaxes dalgunhas películas inspiradas nas súas obras.





domingo, 16 de xaneiro de 2011

Las mujeres sabihondas

O pasado 14 de xaneiro os alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO asistiron á representación de "Lles femmes savantes" no Colexio San José. Trátase dunha adaptación da obra de Molière en lingua francesa con algunhas secuencias en español para facilitar a comprensión. Está especialmente dirixida a alumnado da ESO. Eina d´escola, empresa organizadora destas actividades, facilita unha guía didáctica para poder preparar a obra na aula con antelación.

A actividade foi valorada moi positivamente polo alumnado.


Nos fondos da nosa biblioteca temos algunha das máis importantes obras do dramaturgo e actor francés: Tartufo, O avaro e O enfermo imaxinario.

sábado, 20 de novembro de 2010

CENTENARIO DA MORTE DE TOLSTÓI

O 20 de novembro cúmprense cen anos da morte do novelista ruso León Tolstói, un dos máis eminentes autores de narrativa realista de todos os tempos As súas obras máis famosas Guerra e Paz (1869) e Anna Karenina (1877) están consideradas as novelas máis importantes da historia da literatura universal.

Guerra e Paz, unha das obras mestras do realismo, é unha visión épica da sociedade rusa entre 1805 e 1815, xusto antes da invasión napoleónica.

Ana Karenina constitúe unha das mellores novelas psicolóxicas da literatura moderna. A protagonista non logra resolver os seus conflitos internos ocasionados pola paixón adúltera que sente polo mozo oficinista Vronsky.

O Equipo da Biblioteca anímache a ler Anna Karenina ou a gozar vendo a película baseada na novela Guerra e Paz. Tanto o libro como o DVD poderás atopalos entre os fondos da nosa biblioteca.




O segredo da felicidade non é facer sempre o que se quere senón querer sempre o que se fai. (León Tolstói)