lunes, 28 de mayo de 2018

O Menéndez Pelayo visita o Leiras (22-05-2018)

 

O día 22 de maio, como colaboración por 2º ano entre a bilioteca do CEIP Menéndez Pelayo e a nosa, organizamos unha visita do alumnado de 6º de primaria dese centro ao Leiras Pulpeiro, futuro instituto de moitos deles.



 En primeiro lugar, visitaron a biblioteca; despois fixeron un percorrido polo noso centro para coñecer diferentes dependencias: aulas, laboratorio de ciencias, talleres de tecnoloxía, aula de música... 
Finalmente, os rapaces e rapazas foron ao Salón de actos para realizar un divertido e didáctico obradoiro de cómics, impartido polo profesor Suso Coucheiro, que este ano contou cunha colaboradora especial: Einés Herráez, alumna de 4ºeso, gran coñecedora e afeccionada ao mundo  MANGA e ANIME, sobre o que lles falou aos nosos visitantes. 

 

 
Moitas grazas e ata o ano que vén!!

 Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play:
O  Menéndez Pelayo visita o Leiras Pulpeiro (22 de maio de 2018) on PhotoPeach

domingo, 27 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

 
O 17 de maio, na biblioteca procedemos á 
 lectura de textos de
 María Victoria Moreno
homenaxeada no
 Día das Letras Galegas. 




Tamén podedes ver a exposición de libros que temos desta autora.



sábado, 5 de mayo de 2018

RETO de MAIO

E chegamos ao último reto do curso... Só uns poucos resistiron ata o final e terán a súa recompensa.

Neste mes temos dobre formato: podedes ler un libro e tamén ver a versión cinematográfica do mesmo.

Libros de película (e viceversa)  

 



>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>> 












 
>>>>>>>>>>>>>>>>>> 

Hai moito onde escoller: 
El Quijote
 A lingua das bolboretas 
Hamlet
O lapis do carpinteiro
Los santos inocentes
Pan negro
...