miércoles, 18 de diciembre de 2013

Mafalda Soto visita o Leiras Pulpeiro

Mafalda Soto cooperante en Tanzania, traballa na campaña "Ponte na súa pel" da ONG Africa Directo que pretende mellorar a calidade de vida dos albinos. Ademais de informarnos do proxecto no que traballa, falounos das condicións de vida dos africanos, da súa cultura e organización social rompendo os tópicos  e  as falsas ideas que temos sobre este continente.
Mafalda transmitiunos a súa ilusión e compromiso. Non nos deixou indiferentes. Escoitándoa sentimos que con persoas coma ela o mundo é mellor. Parabéns para Mafalda

Mafalda Soto, cooperante en Tanzania, visita o Leiras Pulpeiro on PhotoPeach



martes, 10 de diciembre de 2013

Marica Campo no Leiras. Xoel aprendeu a voar e Sherezade

O pasado 25 de novembro visitou o noso centro Marica Campo para falar ao alumnado de 1º de ESO do libro E Xoel aprendeu a voar. O alumnado fixo preguntas moi interesantes sobre esta lectura.

Como neste día se celebra o Día internacional contra a violencia machista, a escritora explicounos as ideas e crenzas que levan á dominación das mulleres polos homes. Ademais leunos un poema inédito da súa autoría que, partindo do personaxe de Sherazade d' As mil e unha noites, chama  ás mulleres a rebelarse contra esta inxusta dominación. Reproducimos aquí os últimos versos:

As mulleres en marcha imos contigo, 
para salvarnos todas ou ningunha,
cara un porvir de rosas camiñando.


Marica Campo, Xoel aprendeu a voar e Sherezade on PhotoPeach

lunes, 9 de diciembre de 2013

Un feixe de poesía na porta

A alumna do noso centro Inma Alonso Rodríguez de 2º de BAC vén de participar na publicación do libro colectivo de poesía UN FEIXE DE POESÍA NA PORTA.

Parabéns para Inma.

Inma Alonso e Un feixe de poesía na porta on PhotoPeach

domingo, 1 de diciembre de 2013

Día Internacional contra a violencia machista

O 25 de novembro visitáronnos catro colaboradoras da  Asociación Enriqueta Otero  que  cunha orixinal actividade baixo o lema "NON É A TÚA MEDIA LARANXA, É O TEU EXPREMEDOR" pretende concienciar a mocidade sobre as relacións afectivas saudables, relacións estas imprescindibles para eliminar a violencia de xénero.

Nesta atractiva actividade participou alumnado de 3º e 4º de ESO. 

Asociación Enriqueta Otero visita o Leiras Pulpeiro on PhotoPeach

martes, 19 de noviembre de 2013

A ler!



O Club de Lectura visita a Biblioteca Nodal

Os alumnos e alumnas  do club de lectura fixemos unha visita á Biblioteca Nodal de Lugo, a máis grande da cidade.

 O primeiro que fixemos foi baixar a unha sala onde estivemos comentando os libros que trouxeramos. Eu levei “La sombra del viento” de Carlos Ruíz Zafón. Moitos dos integrantes do club levaron obras de Laura Gallego, autora que está a causar sensación.

Tras a tertulia literaria pasaron a ensinarnos á biblioteca. Na sala para adultos faláronnos do CDU (o sistema polo que se ordenan os libros na biblioteca) e  como acceder ao catálogo,  dende casa ou dende a biblioteca, para consultar os fondos ou renovar os que teñamos en préstamo.

Nese mesmo andar, ensináronos a sala Montenegro e a sala Menacho, onde se gardan libros moi antigos que foron doados á biblioteca, entre eles a primeira edición do dicionario da RAE.

Logo leváronnos á comiteca. Ten unha cantidade de películas e cómics impresionantes. Tamén nos ensinaron a sala de consulta, onde, entre outras cousas, hai un ordenador adaptado ás persoas discapacitadas.

A visita rematou na sala infantil, onde nos despedimos e demos unha última volta antes de volver para a casa. A min persoalmente gustoume moito esta actividade e gustaríame que houbese máis saídas deste tipo, que non deixan de ser moi interesantes e de acercarnos á cultura literaria de xeito ameno.

Diego Ardura. 2º ESO

Gustoume moito a Biblioteca Nodal pola súa organización e a grande variedade de libros. Seguramente volverei outro día.

Román Casas. 1º ESO 

O que máis me gustou da experiencia foi ver unha sala con libros antigos que doara unha familia.

Jennifer Gómez. 2º ESO 

Nunca estivera nesa biblioteca e impresionoume. Cando chegamos á sección xuvenil a vista íaseme ó andel que contiña a saga de libros que estou lendo.
Emma Gándara. 2º ESO


 O Club de Lectura "Lecturas Leirantes" na Biblioteca Provincial on PhotoPeach

martes, 5 de noviembre de 2013

A biblioteca é un tesouro

O 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas, o alumnado do Leiras depositou no cofre dos desexos as súas desiderata bibliográficas.
Observade o cofre acugulado que nos dá idea do éxito desta actividade.
O ano que vén repetiremos.


domingo, 13 de octubre de 2013

Benvidos/as á Biblioteca

Comezamos as actividades da Biblioteca deste curso cunhas xornadas de acollida e formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO. Velaí podedes ver a reportaxe gráfica.



miércoles, 3 de julio de 2013

Ata setembro

Pechamos o curso con esta fermosa imaxe que reproduce o cadro LUGO do pintor  Jorge Peteiro.
Foi realizado polo alumnado de Plástica do noso centro.


Concurso de marcapáxinas








Ana López Andón resultou premiada no Concurso de marcapáxinas convocado polo EDL e o Departamento de Plástica no que participaron alumnos e alumnas de 4º de ESO.

Reportaxe gráfica dos traballos realizados

martes, 18 de junio de 2013

Apadriña un lector



Hoxe tivemos visita no Leiras...



Moitas grazas aos técnicos da Biblioteca Nodal de Lugo pola súa inestimable axuda coa selección das  preciosas lecturas.

Actualización 20/06/2013: ligazón a nota de prensa: http://elprogreso.galiciae.com/nova/258997-vicio-lectura-se-contagia

Actualización 22/06/2013: ligazón á entrada no blog da Biblioteca Nodal de Lugo: http://bibliopublicalugo.blogspot.com.es/2013/06/apadrina-un-lector.html

jueves, 6 de junio de 2013

O prometido é débeda no Leiras

Comercio xusto no IES Leiras Pulpeiro



Hoxe celebrouse no IES LEIRAS PULPEIRO unha charla de sensibilización (“O prometido é débeda”) por parte de Judith González Gamallo, a técnica de Educación para o Desenvolvemento da ONGD Jóvenes y Desarrollo. Esta actividade está organizada polo Departamento de Relixión Católica do instituto.

No centro instalouse unha exposición educativa itinerante formada por tres grandes paneis que abordan catro núcleos básicos do obxectivo do milenio nº 8: Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento aumentando a cooperación internacional.

A campaña céntrase en catro conceptos básicos: o 0,7% e a Débeda Externa como compromisos adquiridos polos países asinantes, e o comercio xusto e o consumo responsable como accións que nos implican a todas as persoas directamente e que nos ofrecen a posibilidade de actuar de xeito responsable ante a situación de inxustiza mundial.

As visitas por parte do alumnado do centro aos paneis expositivos acompañáronse co traballo na aula do material didáctico impreso e audiovisual e a presentación da técnica da antedita ONGD no Salón de Actos.
Trala conferencia tivemos a oportunidade de degustar produtos de Comercio Xusto ofrecidos por Jóvenes y Desarrollo, unha alternativa ao comercio convencional, xa que ten en conta valores éticos, sociais e ecolóxicos.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento: “O prometido é débeda en Lugo” que se está executando en Lugo coa colaboración do Concello de Lugo co obxectivo de sensibilizar á poboación, sobre todo aquela que está en idade escolar, sobre os DDHH e os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e a importancia da súa consecución nos países do Sur. Dende o día 11 de xaneiro a exposición estará presente na Facultade de Maxisterio en Lugo.

lunes, 1 de abril de 2013

Premios San Clemente

Deseos de Marina Mayoral, Extramunde de Xabier Queipo e Siete años de Peter Stamm foron as obras premiadas na 18ª edición do Premio San Clemente convocado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O xurado estivo composto por alumnado de seis institutos de Galicia, entre os que se atopaba o noso.

Reportaxe gráfica da cerimonia de entrega de premios

Lecturas Leirantes


Club de lectura: A metamorfose, Veleno tinto, O Principiño on PhotoPeach

sábado, 16 de marzo de 2013

Día do libro





Día do Libro
23 de abril


CELÉBRAO PARTICIPANDO NA EXPOSICIÓN


PRESENTA UN CARTEL, MURAL, COMPOSICIÓN, DEBUXO CON LEMA…
ALUSIVO Ó TEMA



REQUISITOS:
                  - FORMATO: cartulina de tamaño máximo DIN-A3
                  - ORIXINALIDADE
                  - BOA PRESENTACIÓN
                  - FOMENTO DO GUSTO POLA LECTURA



PODES PRESENTAR OS TEUS TRABALLOS EN CASTELÁN OU EN GALEGO
E ENTRAGARLLOS Ó TEU PROFESOR/A DE LITERATURA
ANTES DO 18 DE ABRIL



DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA



miércoles, 6 de marzo de 2013

8 de marzo: Día internacional das mulleres

(...)
As mulleres poñen en relevo ata o máis escondido dos teus defectos e os homes non cesan de dicirche sempre que poden, que unha muller de talento é unha verdadeira calamidade, que vale máis casar coa burra de Balaam, e que só unha boba pode facer a felicidade dun mortal.
Sobre todo os que escriben e se teñen por graciosos, non deixan pasar nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus maridos, se o teñen, e se non, aínda que sexan os do criado. (...)
As literatas. Carta a Eduarda. ROSALÍA DE CASTRO


Eis as palabras de Rosalía que evidencian a incomprensión e a crítica social que como muller e escritora sufriu na sociedade que lle tocou vivir na que a finalidade das mulleres era casar e servir o home.
Do mesmo xeito que Rosalía, outras creadoras: literatas, pintoras, escultoras, cineastas...enfrontáronse ós usos sociais da cultura dominante, profundamente machista, que ignoraba e desprezaba as mulleres
As mulleres de hoxe debemos ser as gardiás dos camiños abertos polas nosas avoas e nais, para convertelos en avenidas polas que circularán amplamente as nosas fillas e os nosos fillos, nunha sociedade xusta e igualitaria.

Para reflexionar sobre a  igualdade. Vídeos




sábado, 23 de febrero de 2013

Día de Rosalía



O EDLG organiza, na biblioteca do centro, unha dramatización de poemas de "Cantares Gallegos" para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.

Se queres ver as imaxes do acto, pincha aquí


martes, 29 de enero de 2013

No día da Paz: XI Recital Poético, Leiras Pulpeiro

Este 30 de Xaneiro, día da Paz e a Non-violencia, celebramos o XI Recital Poético en homenaxe ao autor de Mondoñedo que lle dá nome ao noso centro: Manuel Leiras Pulpeiro.


miércoles, 16 de enero de 2013

viernes, 11 de enero de 2013

O IES Leiras Pulpeiro no Pazo da Musas

O noso instituto foi convidado a participar, o pasado 27 de decembro, na revista oral Pazo das Musas do Museo Provincial de Lugo.
O número da revista estaba dedicado aos escritores Celso Emilio Ferreiro e Manuel Leiras Pulpeiro.
Alumnado de 1º de ESO e 1º de BAC recitaron poemas do poeta que dá nome ó noso instituto.

IES Leiras Pulpeiro no Pazo das Musas on PhotoPeach