Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Nodal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Nodal. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xuño de 2018

APADRIÑA UN LECTOR 2018

 
Que alegría volver recibir aos nenos e nenas de últimos curso de Infantil (5 anos) do CEIP Casás!
Os padriños e madriñas, alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura, estaban ansiosos por que chegara este día e encontrarse cos seus afillados e afilladas.



Este ano, o tempo atmosférico impediu que puideramos celebralo no noso Xardín dos Contos porque estaba a herba mollada, pero como non choveu, pasámolo estupendamente no Patio dos Contos.

Outro día de encontros, de estreitar lazos, de lecturas compartidas, de xogos e confidencias, de emocións e carreiras, de sorteos e sorpresas e, finalmente, despedida con chuches para os nosos convidados.
 

En nome de todo o equipo da Biblioleiras, quero darvos as GRAZAS: moitas grazas á dirección e profesorado do Casás, moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa incondicional e impagable colaboración, moitas grazas a Alfonso da cafetería, moitas grazas aos profes que actuaron de fotógrafos (Susana e Suso)... E, por suposto, moitas grazas ao noso alumnado que con entusiasmo  fai posible cada curso a celebración deste marabilloso evento.

                                                                                       Ana Dopazo




Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play da seguinte fotomontaxe: 
                                               




sábado, 10 de xuño de 2017

APADRIÑA UN LECTOR 2017

Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura
 


 Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros


Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
                  

Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión

Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería,  dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados. 
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!

martes, 21 de xuño de 2016

"APADRIÑA UN LECTOR" 2016

 
 Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 



O alumnado de 1º de BAC, xunto co do Club de lectura,  pasou unha mañá inesquecible en compaña dos seus afillados e afilladas: xuntos escoitaron "As tres porquiñas", os maiores léronlles contos aos pequenos no noso xardín máxico, fixéronse amigos, xogaron... e despedíronse ata o vindeiro ano.

Chegada ao xardín dos contos
Lecturas e confidencias
Xogos e diversión

















 

Moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa colaboración e a todos os participantes!


 
Queredes ver todas as fotos? 
 Pois premede no "play":

xoves, 18 de xuño de 2015

APADRIÑA UN LECTOR 2015

    
    Un ano máis, chegado xuño, o noso alumnado de 1º BAC e do Club de lectura apadriñaron aos futuros lectores do CEIP de Casás. 
     Os nenos e nenas de cinco anos deste cole viñeron encantados para pasar un día inesquecible: escoitaron atentos o conto Os tres porquiños, coñeceron ós seus padriños e madriñas e foron con eles ata o noso xardín máxico, onde compartiron preciosas historias e xogaron todos xuntos.
   Finalmente, houbo "chuches" para adozar a despedida.


  


Grazas a todos e a todas por participar nesta fermosa actividade, e deica o ano que vén.




 A continuación, podedes ver a reportaxe fotográfica completa:
                                



venres, 20 de xuño de 2014

AMADRIÑA UNHA LECTORA 2014

Xa vedes que este ano, como homenaxe ás mulleres, cambiámoslle o nome á actividade. Unha vez máis, o pasado 12 de xuño, compartimos unha xornada inesquecible cos alumnos de cinco anos do CEIP de Casás. O noso alumnado de 1º de BAC e de varios cursos de ESO, amadriñaron e apadriñaron aos futuros lectores. Desexamos que as vindeiras xeracións teñan a ilusión ante a lectura que afilladas e afillados amosaron neste día.
Todo comezou cun conto, unha frautista moi famosa, os nenos que a seguen, as madriñas e padriños que os acompañan ata o xardín para compartir fermosas historias... e final feliz con agasallos para todos.

Parabéns, grazas por esta fermosísima xornada e ata o próximo ano.

Amadriña unha lectora 2014 on PhotoPeach