sábado, 26 de novembro de 2011

Actividades 25 N



O 25 de novembro, Día Internacional contra á violencia de xénero, o alumnado de 3º de ESO participou nunha charla-coloquio moderada por dúas mulleres da Asociación Enriqueta Otero de Lugo. A actividade desenvolveuse na biblioteca entre as 10:10 e as 11:00 h. nun ambiente de cordialidade. Analizaron os falsos mitos que tratan de xustificar a violencia machista e reflexionaron sobre a preocupante gravidade desta lacra social, consecuencia da desigualdade entre mulleres e homes.



A continuación, no período de lecer, un grupiño de alumnos e alumnas encargáronse de repartir lazos de cor violeta.


Durante todo o día, nas diferentes clases realizáronse lecturas alusivas ao tema da violencia de xénero, para tomar conciencia da necesidade de atallar todo tipo de violencia hacia a muller e aprender a importancia que ten compartir a vida en igualdade desde o respecto.


As reflexións foron plasmadas por escrito e colocadas polo alumnado nos paneis do corredor central do instituto. E para que non se esqueza o drama que supón a violencia machista, escribiron os nomes dalgunhas das 54 mulleres que foron asasinadas no ano 2011.






venres, 25 de novembro de 2011

Galiciencia 2011 en Tecnópole





(Imaxe tomada da revista oficial Galiciencia; nela adivíñase a presenza de Marina García, de José Manuel Traseira, autor desta reseña, e dalgún dos alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro que puideron disfrutar da sexta edición da Galiciencia)







O pasado 23 de novembro, 45 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC de Ciencias, acompañados polos seus profesores Marina García, Xabi Díaz e José Manuel Traseira, trasladámonos ao Parque Teconolóxico de Ourense, para asistir as actividades de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia.


Esta nova edición de Galiciencia sumouse a conmemoración do Ano Internacional da Química con interesantísimos talleres realcionados con esta materia.


Así, os privilexiados do Leiras Pulpeiro puidemos asistir ó taller sobre Ciencia e Cine impartido por David Ballesteros. Nel explicounos a intervención da química na elaboración dalgúns efectos especiais, o emprego do nitróxeno líquido no proceso de conxelación ou a técnica da pantalla verde ou "Chroma Keyng".


Despois percorremos unha carpa chea de postos con inxeniosos e orixinais proxectos de estudiantes de Secundaria e FP de Galicia e outras comunidades como Cataluña ou Euskadi. Destacaron polo seu interese experiencias como a obtención de biodiesel a partir de aceites reciclados, a fabricación de papel con algas,os robots-logo, as neveras solares ou a explicación de como o alumnio frea aos imáns.


Finalmente asistimos ó taller de Química recreativa do profesor Carlos Pérez. Os experimentos que presentou, a maneira do programa televisivo "El hormiguero" fixéronnos pasar un rato moi divertido. Aprendemos a usar solucións indicadoras de color para converter auga en viño, a dobrar metais con nitinol, como facía Uri Geller coas culleres. Tamén falounos dos fluidos metaestables, dos polímeros hiperhidratables que se utilizan na fabricación dos pañais dos astronautas e doutros trucos de maxia que esconden fascinantes fenómenos químicos. Pero a actividade final que se fixo no xardín foi a que máis nos sorprendeu: demostrou como facer estoupar unha bomba de fume con pelotas de ping-pong e papel de aluminio.


Todos nós quedamos moi satisfeitos da visita á Tecnópole, porque é unha forma práctica e divertida de aprender Ciencia. O vindeiro curso esperamos repetir a experiencia pero, se é posible, presentando algún proxecto nos mesmos.

Elas, feminino plural





Este é o título da exposición de libros con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero. Propoñémosvos lecturas para reflexionar sobre o valor da igualdade a través da literatura non discriminatoria.


Poderás atopar nesta exposición varias obras nas que a muller ten un papel protagonista. Con algúns dos títulos elixidos coñecerás outras culturas e viaxarás a países onde a muller é unha figura irrelevante, vítima do maltrato e a violencia e condenada a vivir en sociedades non igualitarias.

How is Queen Elizabeth II related to Prince William?



Easy! She’s his grandmother, of course. But... how many of you knew the answer?
On Friday 25th, 1st and 3rd ESO students attended a UK Culture Class given by a native English-speaking trainer from Burlington Books.
The class offered a fun and interactive way for students to learn about various aspects of British culture, such as Food & Drink, The Royal Family, Sport, Music and Famous People. Everyone in the class had a chance to participate and in the end, there was a quiz in the style of the TV game show “Who wants to be a Millionaire?” where one lucky winner took away a very nice prize.

Enfróntate á violencia !!


Trafegando Ronseis
regálanos estes versos nun esperanzador vídeo para conmemorar o Día contra a violencia de xénero.

Soños
Esperanzas
Ilusións
Proxectos
Futuro
VIDA

Estas palabras son reais. Existen.
Florecen se ti lles das vida.
Se te permites ter ilusións.
Se deixas que os soños roden.
Se realizas proxectos.
Se conservas as ilusións.
Se creas FUTURO.

Porque esa VIDA lonxe da violencia transcorre ao teu carón.
Dálle a man, nada coa corrente, chega a ese mar de vida que te agarda, con soños, esperanzas, ilusións, proxectos, FUTURO.

Enfróntate á violencia!!


Día Internacional contra violencia de xénero 2011 from trafegandoronseis on Vimeo.

martes, 22 de novembro de 2011

Lecturas para pasalo de medo


Seguro que o pasastes de medo lendo algún dos libros da exposición "Medo me dá", porque misteriosamente foron desaparecendo da mesa onde estaban.


Cando xa estamos a piques de retirar o que queda da exposición, achégovos, nesta terrorífica presentación, unha guía cos títulos máis salientables, por se queredes seguir pasándoo de medo.






luns, 7 de novembro de 2011

Aplicación da investigación xenética: o seu uso na práctica policial





O 4 de novembro, co gallo do "Día da Ciencia en Galego", os alumnos/as de 1º e 2º de BAC e os do Ciclo de Industrias Alimentarias asistiron á videoconferencia "Aplicación da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" impartida polo catedrático da Universidade de Santiago Don Ángel Carracedo.



A sesión resultou moi interesante, aínda que quedou un tanto deslucida polos fallos técnicos que interrompían a recepción e cortaban a secuencia da exposición.




O profesor Carracedo, autoridade mundial na materia, empezou referíndose á extraordinaria importancia que a análise do ADN ten na práctica da criminoloxía e na determinación de paternidades dubidosas. Así, para o caso da criminoloxía, nalgúns países a policía xa dispón dunha base de datos cos xenomas de persoas con algún delito, o cal permite unha identificación máis áxil no caso de reincidencia delictiva. Este extraordinario avance presenta un importante dilema á sociedade: unha maior seguridade fronte ao perigo dunha perda de liberdade por un exceso no control xenético a persoas que non son delincuentes.



domingo, 6 de novembro de 2011

"Hora de ler"






O luns 7 de novembro retomamos a actividade “Hora de ler” iniciada o curso pasado como experiencia piloto. Despois dun período de reflexión e debate controvertido, conseguimos redefinir a iniciativa. O noso primordial obxectivo é fomentar o hábito lector do alumnado e mellorar a súa competencia lectora en todas as materias e nas diferentes modalidades de lectura: individual e silenciosa ou en voz alta e utilizando o mesmo texto todo o grupo.



Dedicaramos media hora semanal, preferentemente, á lectura libre, individual e silenciosa en todos os cursos da ESO segundo o calendario exposto en cada clase.
Permitiranse as lecturas en voz alta e dirixidas polo profesorado que así o prefira, procurando manexar todo tipo de textos: literarios, científicos, divulgativos, xornalísticos…



A semana pasada todos os alumnos e alumnas do centro estiveron na biblioteca e, os que quixeron, puideron levar en préstamo algún libro dos nosos fondos para ser utilizados durante a “Hora de ler”.




O Equipo de Biblioteca quere desexarvos a todos e todas unhas pracenteiras lecturas.

sábado, 5 de novembro de 2011

Premios á exposición "Mulleres Nobel: unha visión non sexista da Ciencia"






A exposición "Mulleres Nobel: unha visión non sexista da Ciencia", recibiu o segundo premio ao traballo "Mulleres Nobel en Fisioloxía e Medicamento", edición deste ano do Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da USC. A outra parte da exposición "Mulleres Nobel en Fisica e Química" quedou como unha das tres finalistas do Concurso Internacional Ciencia en Acción na modalidade Muller, Ciencia e Tecnoloxía e que foi subvencionado cunha bolsa para asistir á final de Lérida.




Desde o IES Leiras Pulpeiro queremos reiterar o noso agradecemento a Pilar Arias Crespo e a Montserrat Nogueira Álvarez, profesoras do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago, pola súa xenerosidade ao cedernos aquela exposición da que sacamos un enorme partido.


Parabéns por eses merecidísimos premios. Sen dúbida, son o recoñecemento a un traballo moi ben feito.


Este é o enlace á entrada que fixemos no blog con motivo desta exposición:



http://biblioleiras.blogspot.com/2011/04/mulleres-nobel-unha-vision-non-sexista.html

venres, 4 de novembro de 2011

Día Internacional da Ciencia en Galego: Marie Curie e María Wonenburger


O 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego da nosa lingua no ámbito científico.
O 2011 foi declarado Ano Internacional da Química para conmemorar o centenario do Premio Nobel de Química concedido a Marie Curie, a primeira muller que recibiu o Premio Nobel polos seu descubrimentos dos elementos Radio e Polonio. Por iso, este ano o día da Ciencia en galego destaca o papel da muller na ciencia lembrando a Marie Curie e a matemática galega María Wonenburger.
Pincha nas seguintes fotografías, se queres coñecer algo máis destas recoñecidas científicas: