Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de novembro de 2019

Mes da Ciencia en Galego



Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.



Na BiblioLeiras estamos a preparar unha exposición cunha selección de materiais dos nosos fondos.



CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN: A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Periódica
O día 8 de novembro de 2019 os nosos alumnos/as asistiron á conferencia de Liz Marzán, no día da Ciencia en Galego, como un dos homenaxeados neste día falando sobre nanotecnoloxía. 


 

xoves, 16 de febreiro de 2012

Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción


O cambio climático é un dos problemas máis graves aos que se enfronta a Humanidade. Actualmente outras dificultades como a crise económica silencian nos medios de comunicación esta cuestión transcendental. Por estas e outras razóns, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía xestionou unha exposición de dezaoito paneis, cedidos por CEIDA, nos que se explica cientificamente que é o cambio climático así como as súas consecuencias mundiais e o seu impacto en España e Galicia. Finalmente expúñanse posibles solucións como os tratados internacionais (Protocolo de Kioto) e as achegas de tipo individual.
A exposición estivo no corredor central do centro durante a primeira quincena de febreiro. Foi visitada polo alumnado que cursa algunha materia do Departamento e tamén polos nenos e nenas de 6º de Primaria do Colexio de Casás. Consideramos que espertou o interese dos visitantes, razón pola cal valoramos moi positivamente esta actividade.



venres, 25 de novembro de 2011

Galiciencia 2011 en Tecnópole





(Imaxe tomada da revista oficial Galiciencia; nela adivíñase a presenza de Marina García, de José Manuel Traseira, autor desta reseña, e dalgún dos alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro que puideron disfrutar da sexta edición da Galiciencia)







O pasado 23 de novembro, 45 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC de Ciencias, acompañados polos seus profesores Marina García, Xabi Díaz e José Manuel Traseira, trasladámonos ao Parque Teconolóxico de Ourense, para asistir as actividades de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia.


Esta nova edición de Galiciencia sumouse a conmemoración do Ano Internacional da Química con interesantísimos talleres realcionados con esta materia.


Así, os privilexiados do Leiras Pulpeiro puidemos asistir ó taller sobre Ciencia e Cine impartido por David Ballesteros. Nel explicounos a intervención da química na elaboración dalgúns efectos especiais, o emprego do nitróxeno líquido no proceso de conxelación ou a técnica da pantalla verde ou "Chroma Keyng".


Despois percorremos unha carpa chea de postos con inxeniosos e orixinais proxectos de estudiantes de Secundaria e FP de Galicia e outras comunidades como Cataluña ou Euskadi. Destacaron polo seu interese experiencias como a obtención de biodiesel a partir de aceites reciclados, a fabricación de papel con algas,os robots-logo, as neveras solares ou a explicación de como o alumnio frea aos imáns.


Finalmente asistimos ó taller de Química recreativa do profesor Carlos Pérez. Os experimentos que presentou, a maneira do programa televisivo "El hormiguero" fixéronnos pasar un rato moi divertido. Aprendemos a usar solucións indicadoras de color para converter auga en viño, a dobrar metais con nitinol, como facía Uri Geller coas culleres. Tamén falounos dos fluidos metaestables, dos polímeros hiperhidratables que se utilizan na fabricación dos pañais dos astronautas e doutros trucos de maxia que esconden fascinantes fenómenos químicos. Pero a actividade final que se fixo no xardín foi a que máis nos sorprendeu: demostrou como facer estoupar unha bomba de fume con pelotas de ping-pong e papel de aluminio.


Todos nós quedamos moi satisfeitos da visita á Tecnópole, porque é unha forma práctica e divertida de aprender Ciencia. O vindeiro curso esperamos repetir a experiencia pero, se é posible, presentando algún proxecto nos mesmos.

sábado, 5 de novembro de 2011

Premios á exposición "Mulleres Nobel: unha visión non sexista da Ciencia"






A exposición "Mulleres Nobel: unha visión non sexista da Ciencia", recibiu o segundo premio ao traballo "Mulleres Nobel en Fisioloxía e Medicamento", edición deste ano do Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da USC. A outra parte da exposición "Mulleres Nobel en Fisica e Química" quedou como unha das tres finalistas do Concurso Internacional Ciencia en Acción na modalidade Muller, Ciencia e Tecnoloxía e que foi subvencionado cunha bolsa para asistir á final de Lérida.




Desde o IES Leiras Pulpeiro queremos reiterar o noso agradecemento a Pilar Arias Crespo e a Montserrat Nogueira Álvarez, profesoras do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago, pola súa xenerosidade ao cedernos aquela exposición da que sacamos un enorme partido.


Parabéns por eses merecidísimos premios. Sen dúbida, son o recoñecemento a un traballo moi ben feito.


Este é o enlace á entrada que fixemos no blog con motivo desta exposición:



http://biblioleiras.blogspot.com/2011/04/mulleres-nobel-unha-vision-non-sexista.html

venres, 4 de novembro de 2011

Día Internacional da Ciencia en Galego: Marie Curie e María Wonenburger


O 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego da nosa lingua no ámbito científico.
O 2011 foi declarado Ano Internacional da Química para conmemorar o centenario do Premio Nobel de Química concedido a Marie Curie, a primeira muller que recibiu o Premio Nobel polos seu descubrimentos dos elementos Radio e Polonio. Por iso, este ano o día da Ciencia en galego destaca o papel da muller na ciencia lembrando a Marie Curie e a matemática galega María Wonenburger.
Pincha nas seguintes fotografías, se queres coñecer algo máis destas recoñecidas científicas:





luns, 2 de maio de 2011

Nanotecnología



"Nanotecnología"

(Presentación elaborada por alumnado de 1º de Bacharelato e exposta na Semana da Química)


Una Historia de la Alquimia



"La alquimia en Europa en la Edad Media: la búsqueda de la Piedra Filosofal"

(Presentación elaborada por alumnado de 3º de ESO e exposta na Semana da Química)


Conmemoración da Semana Internacional da Química



Na semana do 11 ó 15 de abril, o departamento de Física e Química realizou unhas actividades para conmemorar o Ano Internacional da Química 2011 no noso instituto. Celébrase este ano, xa que se cumpre un século da concesión do Premio Nobel de Química a María Slodowska Curie, científica polaca coñecida polos seus descubrimentos sobre a radiactividade.

Entre as actividades desenvolvidas cabe destacar a realización de experimentos de Química recreativa para alumnos de 1º e 2º da ESO do centro, a cargo dos profesores do departamento Marina García e José Manuel Traseira. As actividades realizáronse no Salón de Actos do centro e fixéronse 4 experiencias sobre reaccións químicas espectaculares que cautivaron ós alumnos.


Asemade, leváronse a cabo por parte do alumnado varias presentacións e exposicións de diferentes partes da Historia da Química: os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC elaboraron uns fantásticos traballos que expuxeron no Salón de Actos, apoiados por unhas presentacións en Powerpoint. Os iremos presentando en entradas posteriores neste blog.

Realizouse tamén a proxección dun vídeo sobre a importancia da Química na sociedade actual.

Deseñouse un cartel conmemorativo do Ano Internacional da Química, por parte do alumno artista de 3º ESO Jordi Capellades:

(Jordi Capellades posa co cartel que realizou para o evento)

Finalmente, unha reflexión: lembrade que todos nós somos fillos da Química.

domingo, 3 de abril de 2011

Mulleres Nobel: unha visión non sexista da ciencia



A presenza da muller no mundo da ciencia foi moi escasa ao longo da historia. As mulleres tiveron que salvar múltiples obstáculos para que o seu labor fose recoñecido e se situase ao mesmo nivel que a dos seus compañeiros homes.

Unha boa proba disto son os Premios Nobel. Entre 1901 e 2009 só quince Premios Nobel de Ciencias foron outorgados a mulleres.

Podemos comprobalo na exposición que agora nos chega grazas a xenerosidade de Pilar Arias Crespo e Montserrat Nogueira Álvarez, profesoras do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago.

Esta exposición, que tan amable e desinteresadamente nos ceden, formou parte da Semana da Ciencia en novembro de 2010, e permanecerá no corredor central do noso instituto do 1 ao 15 de abril.

A exposición "Mulleres Nobel: unha visión no sexista da Ciencia" consta de 15 paneis dedicados ás mulleres laureadas co prestixioso Premio nas áreas de Física e Química, Fisioloxía ou Medicamento. O obxectivo é dar a coñecer cunhas breves pinceladas a biografía de cada unha delas, o seu labor investigador e as repercusións que na vida cotiá tiveron e teñen os seus logros científicos.

Infinitas grazas ao equipo da biblioteca do IES Xohán Montes e, moi especialmente á miña amiga Teresa Vázquez Cadavide, por facilitarnos o contacto, e a Begoña do IES Fernado Esquío que desde Neda fixo o traslado da exposición. Sempre será un pracer colaborar convosco en calquera actividade conxunta que poida xurdir.