Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de febreiro de 2021

CÓMICS EN PANDEMIA


 

 

Non te perdas 

a espectacular

  exposición de cómics

 

 

 

 

 

Na nosa Biblioleiras atoparás unha importante

 colección de cómics e novelas gráficas:

 

 

 desde clásicos, como as tiras de Mafalda

ata as obras máis innovadoras e cómics MANGA,

 

 

 tanto en galego 

como en castelán.

 

 

 

 
 

sección de cómics en galego
sección de cómics en castelán 
 
  
 


mércores, 13 de decembro de 2017

domingo, 9 de febreiro de 2014

MULLERES EN CÓMIC




O noso “altarciño dos libros” rende homenaxe ás mulleres como protagonistas das historias de banda deseñada. Atopámolas mostrándose como loitadoras, divertidas, sufridoras, reivindicativas…en resumo, vitais. Mulleres centro de historias e mulleres que escriben e debuxan esas historias.


Mulleres en cómic on PhotoPeach


xoves, 15 de marzo de 2012

Mafalda cumpre 50 anos



Mafalda, a protagonista das tiras cómicas do mesmo nome, cumpre hoxe 50 anos. Quino debuxouna, por primeira vez, o 15 de marzo de 1962 como reclamo publicitario dunha marca de electrodomésticos. Pero non será até setembro de 1964 cando se publique a primeira tira nun semanario arxentino.
A nena dos grandes mofletes , resabida, curiosa, soñadora e inconformista, protagoniza historietas infestadas de alusións políticas. Xunto aos seus inesquecibles amigos (Manolito, Felipe, Miguelito, Susanita, Liberdade), Mafalda trata temas universais tales como os dereitos humanos, a paz mundial, a autodeterminación dos pobos, a educación, o feminismo, a ecoloxía... Temas serios tratados con humor.
Todas as viñetas están infestadas de frases para o recordo, que 50 anos despois seguen conmovéndonos.
Aquí déixovos dous exemplos:
MAFALDA: As túas ideas son moi loables, Felipe, pero un pouco inxenuas.
FELIPE: É inxenuo pretender que a xente aprecie máis a cultura que o diñeiro.
FELIPE: Non sería fermoso o mundo se as bibliotecas fosen máis importantes que os bancos?
MANOLITO: Non! Pedazo de extremista!

MIGUELITO: Estou só e aburrido. Podes vir á miña casa?
MAFALDA: Síntoo Miguelito, vou saír coa miña nai; pero non tes algún libro? Un libro é un bo amigo
MIGUELITO: Bo, a que queres que xoguemos?

domingo, 23 de xaneiro de 2011

El viaje de María



El viaje de María é unha curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo que, con tenrura e sinxeleza, axúdanos a comprender mellor o universo particular dos autistas.

Miguel Gallardo tamén é o autor da novela gráfica María y yo que foi galardoada co Premio Nacional do Cómic, e que deu orixe a película do mesmo nome.
María y yo, finalista na sección de documentais dos Goya 2011, conta a historia da viaxe que fai a Canarias un pai coa súa filla autista.