Amosando publicacións coa etiqueta O segredo da Frouxeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O segredo da Frouxeira. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de maio de 2011

O segredo da Frouxeira








O xoves 12 de maio proxectouse no salón de actos o documental "O segredo da Frouxeira" . O documental, que forma parte da Memoria Histórica e ten unha enorme carga dramática, é o resultado dunha longa investigación levada a cabo por Paulino Gasalla.


Trala proxección, o propio Paulino Gasalla comentou co alumnado de 1º e 2º de BAC como o fortuito achado na casa da súa sogra duns recortes de periódico levouno a iniciar unha minuciosa investigación co obxectivo de esclarecer a traumática desaparición de Alejandro Porto Leis, o último alcalde republicano de Serantes en Ferrol. "O segredo da Frouxeira" profundiza na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. Alejandro Porto Leis foi asasinado polo franquismo en 1938 xunto con Jesús Miño, Abelino Landeira e Modesto del Río, os tres veciños que o axudaron a ocultarse. Paulino reflexionou co alumnado sobre a importancia de atopar os cadáveres dos desaparecidos durante a represión franquista. Despois de máis de 70 anos, non é o afán de vinganza o que move as familias, senón unha necesidade de saber a verdade, para poder pechar esta vergonzante etapa da Historia de España.