LECTURAS COMPARTIDAS NA FEIRA DE NADAL
Durante a Feira de Nadal do IES Leiras Pulpeiro, na Biblioleiras compartíronse lecturas en galego, castelán, inglés e francés entre o alumnado que participou no concurso Conto de Nadal, organizado
por Biblioleiras. Antes da lectura en público, os alumnos e alumnas tiñan que atopar unha serie de libros
agochados na biblioteca seguindo unhas pistas, relativas á CDU, que lles proporcionamos. Unha vez atopados, debían ler uns fragmento ó resto de alumnado presente. Os leiros, moeda de uso interno no noso centro, eran a recompensa, esgotáronse todos. Esa era a nosa intención!