Para festexar o Amor💓💕💔💖con maiúsculas, o ENL organizou a lectura duns cantos sonetos nos que Francesco Petrarca, un dos pais do dolce stil nuovo, expresou coma ninguén este sentimento, hai sete séculos diso. Temos a sorte de que outro gran sonetista, o poeta Darío Xohán Cabana, traducise ao galego o Cancioneiro do poeta toscano. Deixámosvos coas lecturas de tres sonetos realizadas polas alumnas de 1º de Bac, Marta, Tania e Lucía. Haberá unha segunda parte...