Non hai cousa que nos faga máis ilusión, chegado o mes de xuño, que recibir aos nenos de 6º infantil do CEIP Casás para celebrar o Amadriña un lector.
O alumnado de 1º de BAC estaba impaciente, como cada ano desde 2011.
Este curso, a chuvia impediu que puidésemos realizar a actividade ao aire libre, no noso fermoso xardín dos contos; pero as ganas de celebrar esta xornada non diminuíron e reunímonos no ximnasio, no que houbo lecturas compartidas, xogos, sorteos, doces e moita diversión.
Aquí tedes algunhas fotos, pero podedes ver unha reportaxe fotográfica máis completa no vídeo que tedes ao final desta entrada. Tamén podedes velo en YouTube: Amadriña un lector 2023 (Biblioleiras)
Agradecementos especiais: ó profesorado colaborador, tanto do noso centro como do Casás; á Biblioteca Provincial (Nodal) pola escolla e préstamo dos libros para esta actividade; e a Belén de cafetería por prepararnos as chuches e as augas.
Mil grazas a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario