Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2026


LIBROS A ESCEA!

                    

  Neste mes de abril estamos a celebrar un tempo moi especial para a lectura xa que empezamos o novo reto lector adicado ao teatro e a nosa exposición sobre a mesma temática, na cal se poden ver moitos programas deste xénero literario que a nosa compañeira do equipo de biblioteca Ana Dopazo foi gardando ao longo  dunha vida de paixón polo teatro.

Asi mesmo expoñemos as bases do concurso organizado polo departamento de Lingua Castelá polo Día do Libro que consiste en crear unha portada creativa dun libro. 

Como de costume, recomendámosvos lecturas para estas datas e propoñemos o Reto lector de abril: ler un libro de ttro.





Presentámosvos 10 libros interesantes xunto a unhas pequenas reseñas:
 

 













martes, 22 de marzo de 2022

MARZO, mes do TEATRO (exposición de programas e libros)

 

 

 Durante todo o mes de marzo poderás visitar a nosa variada e completa exposición de programas teatrais, tanto de obras clásicas como de máis recente estrea. 


 

Ademáis, poderedes ver unha ampla mostra das obras de teatro do noso fondo bibliográfico: clásicos en diferentes idiomas (galego, castelán, inglés e francés), así como traducións a galego e castelán, xunto con obras máis modernas e actuais, están á túa disposición. 

E que viva o teatro!!!

 

 

 

 

 




























xoves, 14 de abril de 2016

Lecturas e teatro




Que comerá o Rei?

        Aproveitando  a presenza de  Cándido Pazó en Lugo, o 1 de abril, os rapaces e rapazas do Club de lectura asistimos á representación  dunha contada de historias e contos inspirados en textos e debuxos de Castelao.

  O acto tivo lugar na sala de exposicións da Deputación.

Resultou unha actividade moi agradable e emotiva.



mércores, 16 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


 
Día mundial do Teatro

27 de marzo de 2016


PÁSATE POLA BIBLIOTECA PARA VER A GRAN EXPOSICIÓN DE OBRAS TEATRAIS
DE DIFERENTES ÉPOCAS, AUTORES E LINGUAS

martes, 7 de abril de 2015

TEATRO na Biblioteca do LEIRAS PULPEIRO




Día Mundial
do
 Teatro
O 27 de marzo celebramos este día cunha representación teatral da obra                    Así foi, doutor de Suso de Toro para o alumnado de 3º e 4º.
Participaron os seguintes alumnos de 4º de ESO:
- Presentación: Camila Beltrán
- Dirección: Samuel Marte
- Reparto: Alberto Marte e Borja Lamela
Representación no Día Mundial do Teatro 2015 on PhotoPeach
Para ver o vídeo da gravación, visita É un falar.