domingo, 16 de diciembre de 2012

12 do 12 ás 12. Recitando a Celso Emilio

O IES Leiras Pulpeiro sumouse ós actos convocados pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística para recitar o poema "Deitado frente ao mar.Partipou alumnado de 1º ESO C, 2º ESO A e B, 4º ESO A e B xunto co profesorado de Lingua Galega,Tecnoloxía, Música, Educación Física, coordinados polo Equipo de Dinamización.
A actividade resultou moi satisfactoria para os participantes


martes, 11 de diciembre de 2012

Lecturas Leirantes. "A lúa de Senegal"

As dificultades para incorpararse nunha nova sociedade  por parte de Khoedi,  protagonista de LÚA DO SENEGAL, a inmigración, o racismo... foron os temas que comentamos os alumnos e alumnas de 1º ciclo de ESO xunto coas profesoras que participanos no Club de lectura.

En LÚA DO SENEGAL fálanos de Youssou N'Dour, cantante senegalés. Podedes escoitar unha canción súa ó ver  a seguinte presentación.



Lecturas Leirantes. "O único que queda é o amor"


Comezamos as nosas sesudas reunións comentando, co alumnado de 2º ciclo da ESO e  BAC, o libro O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz,  polo que recibiu o  Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.


Resultou unha sesión moi animada.