xoves, 13 de febreiro de 2020

Animais de biblioteca na BiblioLeiras


 

 

ANIMAIS DE BIBLIOTECA na BiblioLeiras:

 Animais na literatura e o cine


A Biblioleiras acolle unha exposición dedicada a libros e películas protagonizados ou nos que teñen unha especial presenza todo tipo de animais:
 Baloo, Moby Dick, Quirico, Rocinante, Milú, Platero, Hedwig, Lu e Go, Richard Parker, Napoleón, Colmillo Blanco, Simba...
 









   



 Unha visita á exposición moi ANIMA-da ...!









sábado, 1 de febreiro de 2020

Manuel Núñez Singala na BiblioLeiras


A BiblioLeiras quixo adicar unha exposición á obra do escritor lucense Manuel Núñez Singala aproveitando a sua visita, organizada polo Departamento de lingua galega.
O autor tivo un encontro na Biblioteca do centro cos membros do Club de Lectura, que estiveron lendo "Menú de enganos".

 




 

O Leiras en racha!

... E SEGUE A RACHA !!!

 A alumna Rosalía Bernárdez Riopedre, de 2º de ESO foi a gañadora do 1º premio do XXV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.



 O alumno Iván Dono Doñé (4º ESO),  acadou unha beca da Fundación Amancio Ortega para cursar 1º de BAC nos EEUU o vindeiro curso