Amosando publicacións coa etiqueta Desastre do Prestige. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desastre do Prestige. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de novembro de 2022

20 anos do Desastre do Prestige: "OS LIBROS SON A MEMORIA" (exposición)

 

   Na Biblioleiras non quixemos deixar pasar a ocasión de lembrar a traxedia do Prestige de hai 20 anos

Dado que a memoria das persoas é fráxil e limitada, podemos atopar documentos, libros, revistas, fotografías, música... que axudan a lembrar o que non debe ser esquecido para que non se repita NUNCA MÁIS.

 










 




Os libros son a memoria:

Hai algúns anos, os suficientes para que moitos o esqueceran, un barco cheo de petróleo navegaba preto das nosas costas. Un barco como tantos otros dos que todos os días pasan por aquí, cargados con substancias que tanto codiciamos para manter o noso nivel de progreso, pero que ninguén querería ter a carón da súa casa polo risco que supón.

O barco, chamado Prestige, ¿lembrades?, tivo un accidente e despois de que as autoridades incompetentes o paseasen dun lado para outro por diferentes puntos do Alántico, acabou escachando pola metade.

Verteu miles e miles de toneladas do cru que levaba nas súas bodegas de cargae, aínda que non morreu ningunha persoa, comezou a traxedia.

O mar tornouse negro en centos de quilómetros, e aquel veleno foi causando cada vez máis vítimas inocentes: os peixes, as plantas, as aves, as rochas, as illas, as praias, os pescadores…; mesmo houbo quen morreu de tristura porque o mar era a súa alma, o seu amor.





Milleiros de persoas voluntarias de todo o mundo chegaron para paliar os efectos da marea negra.

 

 Hai vinte anos que sucedeu e, para que non esquezamos esta e otras historias, os libros lémbrannos as datas, lugares, feitos e protagonistas que, lamentablemente, tendemos a borrar da nosa memoria.